Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

50 Un nacionalista

O nacionalismo ten que reflexionar, o BNG por ser incapaz de atraer o voto e o resto por ir da man da esquerda española e ademais de que as súas expectativas dependan de Beiras. Que pasaría se Beiras non estivese?. Refundación do BNG e reunificación do nacionalismo nunha fronte nacionalista e plural desde a UPG até Anova, pasando polos sectores verdadeiramente nacionalistas de CXG. Que Paco Rodríguez, Beiras, Mariano Abalo, Ferrín, Morais ou Bascuas deixen de mirarse o ambigo.

49 un do BNG

A realidade é a que é, por un lado 64 deputad@s ( PP 41, PSOE 18 e IU 5). Do outro lado 11 (BNG 7, Anova 3 e FOG 1). Pero o problema para algúns é a UPG, ou o BNG ou BNUPG. Unir, reunir, fundar ou refundar o que? para que?, para seguir como ate agora?, ou como ate antes de Amio? Mal que lles pese a algún cabeza pensante temos Organización, temos proxecto e temos discurso, falta dar coa fórmula para chegar á xente, falla a mensaxe, pero temos o importante, outros teñen mensaxe, ou mensaxes, pero ú-lo proxecto?, cal é?. Os ataques continuos ao BNG cansan, e tarde ou cedo moitos dirán xa chega, eso estivo ben, e agora que? para entón, o BNG debe estar armado e preparado, e abofé que estara...

1 Pstt

Este pailán aínda non se enterou de que ó Foga esta na Anova, e sigue facendo piruetas númericas pra non sertirse un perdedor, pois dalle..

2 mk__

A mensaxe non vos falla meu. A mensaxe do bipartito, a mensaxe da Deputación de Lugo, a mensaxe de Carrumeiro, etc... a mensaxe é do mellor que tendes. O que vos falla é entendamos a mensaxe, e que para alguns, un cacique de dereitas é o mesmo que un de esquerdas, e un cacique español, igual que un galego. Tan dificil é de entender. Aos que insultachedes e menospreciachedes durante anos, tamen podian votar nestas eleccións, e os votos masocas xa os tiña monopolizados o Feijoo. E non se está a atacar ao BNG, é o BNG que ante a realidade, enroca-se e nega-se a ver o evidente, e sen recoñecer os erros coma primeiro paso, non só nas prácticas senon tamen nas formas, non hai nada que reformular. Pero se seguedes a ter esa liña de todo o que non está comigo está contra min, eso mesmo é o que ides conseguer, e seria unha mágoa, pero se eso é o que queredes, os acantilados estan aí, e podedes dar o grande paso cara asiante... vos mesmos

3 mk__

A frase correcta é: "O que vos falla é QUE NON entendamos a mensaxe.

4 un do BNG

Tan perdedor coma todos vós, seguide asi, falades de insultar, eu opino, o voso é insultar sen mais volvendo sempre ó mesmo pobre argumento, bipartito? carrumeiro? Deputación de que? mais do mésmo, falar non ten cancelas, e largar de xeito anónimo non custa nada, aos xulgados se tes algo e senón a seguir tragando. O BNG tén organización,mal que vos pese, programa e propostas, o resto? un lider de 76 anos facendo deputados para IU, esa é a realidade e un dato obxectivo. O demáis lérias...

5 Coruñés

Os escindidos do BNG tamen estuveron no bipartito, pero parece que a amnesia impidelles recoñecer que estiveron alí. Determinadas cousas como Carrumeiro, Diputación de Lugo...co tipo de comentarios que facedes coincidides co PP, lembrovos que a vosa xestión no bipartito (a dos escindidos) non foi ala mui tal, so que eu a diferencia de vos non penso entrar en comentarios que representan a inconsciencia, o insulto e o infantilismo do que non sabe o que é a política...o BNG non é de esquerdas pero darlle a mao a Fraga si (conste que eu do xesto de Beiras de darlle a mao a Fraga non digo nada so volo recordo aos que vedes a palla no ollo alleo e non vedes a que tedes no propio.

6 mk__

O que mais me amola de Anova, é que esta chea ou ben de xente que ben da escola da UPG ou ben de quen a sofreu, e pode reproduci-la. Se ainda se fala do bipartito, de Carrumeiro, etc... é porque dentro do BNG ainda ninguen pediu desculpas non polo que se fixo, senon por coma se fixo. Ou agora vas-me decir que ter unha Xunta duplicada, e cando queiras falamos de exemplos, é un modelo. O de esta área é miña e fago o que quero e ti fas o que che pete na tua é governar algo. O de colocar militantes e dar postos e/ou subvencions por amiguismo non aconteceu... E o de Carrumeiro, o que menos me importa é se é ilegal ou non, o que si é é inmoral, ao mesmo nivel que o Camps (que xa sabemos que a lei é unha cousa e a ética outra). E todo iso non son insultos, son feitos.

7 mk__

E toda a xente que se opuxo a algunhas das politicas que aplicachedes nalgun sector, pero non ao xeral, nun principio; e que o BNG adicou-se a insultar (vexa-se o fio da ultima manifestación de GNSV, por exemplo) credes que por decir que ven o lobo van-vos votar?.

8 mk__

E xa que estades a por a Catalunya coma lugar onde mirar, mirade a ERC. Onde van os amigos do BNG, os Colon, os Puchis, etc... Cando tiveron un serio problema de credibilidade de discurso, cambiaron a toda a executiva, para que ERC non esmorecera. O mesmiño que está a facer o BNG agora mesmo, non si meu?

9 un do BNG

E que os que se foron do BNG que estiveron no bipartito, alguns con grande éxito electoral agora, pediron disculpas? ou sera que so son malas, e inmorais as prácticas cando se esta no BNG. Xa postos, eu tamén che podería contar como se financiaron campañas nas pasadas locais, iso si,a mer.. para o BNG e as actas para Anova, a min, leccións de purismo e moralidade as xustas... O voso odio á UPG pérdevos, eu de ti, mk, coidaria eses odio porque a vida, e mais en política, da moitas voltas. O problema que temos é que alguns non souberon mirar o que pasou con ERC, ou si, ou intentaron reproducilo ata o absurdo de liorta en liorta e de excisión en excisión, o mesmiño, dende o goberno a quinta forza,e camiño do mais negro abismo de non por sentidiño

10 pinchorla

To o que queirades e máis, quen gañou foi o PP con máis deputados. Si IU-Anova 5-4 é o revulsivo como "Nación" de Galicia, adiante tedes a oprtunidade.Según entendo creedes que con Age será así. Todo ten o seu repouso.

11 mk__

He he he... sento-cho meu, non son de Anova, nen do BNG (polo menos non neste milenio), nen lle teño especial xenreira á UPG, nen aos seus militantes; e si moitas críticas á sua actuación; mas non pola sua ideoloxia (ou suposta ideoloxia) e si polos seus métodos, métodos que comparten cunha boa parte de Anova. E si teño escoitado ao Beiras decir que habia que pedir perdón logo do bipartito. No fondo o do perdón é o de menos, e non repetir os erros o importante, e como en lugares coma na Deputacion de Lugo, as duplicidades, enchufismo e caciquismo é moeda de cambio pois que queres que che diga, que non me trago o discurso, se ainda pedirades por que non queden no paro os parentes, poderia pensar-mo, pero o orgullo non vos deixa.

12 mk__

Conta, conta como se financiou todo o mundo, creo que sempre é positivo saber esas cousas e quen se lle deben favores. O meu interese político en AGE, Anova e CxG é que cobran espazos que considero necesarios, mas que non son o meu, así que non te preocupes polas miñas xenreiras e futuras compañias políticas.

48 Perico Pallotti

Acabo de ler o artigo de Paco R. no seu xornal e, a verdade, non sei que reulta máis triste, se a retórica escolástica pseudo dia-mat que adoita empregar, o tufo curil que desprenden as súas acusacións ou o delirante da tese que defende, basicamente que os galegos son como son e, ademáis, La Voz e a TVG (?), xunto a uns "expertos" en internet, roubaron os votos do Bloque (de Galiza, diría el) para os españois. En fin, non sei se ese é exactamente o camiño cara a reunificación que están a demandar no Bloque.

1 anonimo

Xa, a reunificación que escenificaron en Amio. Se quixeran tal cousa actuarian ben diferente. Como sempre a culpa é, da Voz, da TV , da internet... e dos galegos/as que somos parvos. Eles son deus.

2 Un da APU

Mira eu son do BNG, son da APU e penso que temos moito que reflexionar, ti pensas que os do BNG son deus...mais eu penso que AGE é Beiras, sen Beiras non sodes nada. A partir de aquí, reflexión do BNG profunda...mais vos teriades que tela tamén, a xente non votou por vós, fixoo por Beiras.

3 saña

Para Un da APU. E si a xente quere a Beiras por que a APU-UPG o acoitelaron polas costas ata chimpalo fóra do BNG, pensando que estaba morto? A realidade é que " Los muertos que vós matais gozan de buena salud"

4 Un da APU

Acoitelaron? o saiu derrotado dunhas eleccións democráticas como el demandaba onde non había delegados senon a militancia do BNG?. Agora queredes facer a Beiras un mártir? Vai ser que non Saña.

5 ssss

Saña non deberias empregar este nome, non che pertenece e o digo con coñecemento, asi que non manipules como fas sempre.

47 george amstrong custer

en toques de criticar vou contar un chiste: nesto que vai un conductor pola autovia de la Curuña -madris e no arradio que leva encendido cortase a musica para dar paso a un aviso urxente de trafico, ""atencion atencion... aviso s todos los conductores de la autovia la curuña -madris tengan cuidado hay un Kamicace circulando en sentido contrario""" e o noso conductor pegando volantazos a diestra e siniestra di:" UN.... o carallo.... o que hay son CENTOS...." pois hala que me espera o cafetiño demedia mañan maila presnsa

1 anonimo

Paco Rodriguez nunca soubo conducir.

46 Breoghain

Unidade de todo o nacionalismo incluido o independentismo. Acreditem. Se não vai ser o mesmo de sempre. Um Congresso Nacional Galego que não opte só polo vieiro institucional se não por fortalecer a comunidade nacional galega, associações, meios de comunicação, centros sociais como está a fazer o independentismo. Algo à sério. Os alicerces de um Estado galego. Isso ou a seguir 100 anos mais a pintar a mona cada quatro anos em processos eleitorais trucados.

1 Coiro

Non sei se lembras que as opcións nacionalistas nestas eleccións quitaron menos dun 10% dos votos. Mentres en Cataluña e Euskadi acaparan máis do 60%. Os alicerces de que? primeiro haberá que conectar c@s galeg@s, logo xa falaremos.

2 jos

Conectar com quem e para que? O que haverá é que criar e gerir instituições próprias em vez de se obsessinar (ou querer chupar) com as espanholas.