Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

45 Nandiño

O BNG non tardará en disolverse por culpa das débedas acumuladas, que son moitas e tras o resultado electoral son imposibles de pagar. Non chega ás eleccións municipais. A culpa é de Beiras, do españolismo e da Voz de Galicia ( Pacorro dixit)

1 un galego

xa o dixen varias veces este tío é tonto, é o digo sen acritude. GC non me censuredes, este Nandiño ten unha fixación que non é normal, e logo seguro que se declara nacionalista, en fin

44 taranis

Vai a segunda parte: Fora diso, pouco máis, nada novo, a upg como demo deste país ( que gran fortuna temos de poder botarlle as culpas a alguén ) o noovo nacionalismo "sic" abríndolle as portas á esquerda española e converténdose na voz dos desasistidos e que conste que o da "voz" vai con segundas. Xa veremos cando deixen de ser bonitos ou un instrumento de división se serán tan ben tratados, en fin, todo ben. Por certo, eu lembro xente que non botaba ao bng por ser un ..... o cabeza de lista, si ese que hoxe é un mesías. Se todo o análise político queda aí, entonces si que temos un gran problema, porque non entendemos nada, pero nada de nada. Hai quen morre borracho de éxito, coidado que aínda non se acadou iso, non vaia ser que morra xente antes de tempo

43 taranis

A verdade resulta asombroso ler todo. Parece incríble que a estas alturas sigamos con discursos de unificación acompañados de xenreira e palabras de odio a xente que representa unha opción determinada, se cadra teríamos que vermonos dende fora, non podemos falar de paz facendo a guerra. Resulta clarificador que se plantexe a estas alturas un cambio de liña "pseudo-política" para agradar á xente e caerlles mellor e dicirlles o que queren oir (alguén criticou os programas políticos? ).Se unha opción política ten que mudar o discurso en función do que queira oír a xente ... puoco demostra, senón máis que unha facilidade para mentir, ou para chegar a uns obxectivos e aí é onde xa podemos discutir se o camiño importa ou non......

42 Antónimus

Estes días vexo un pulo das teses de IU de "unión" da esquerda, deixando ao nacionalismo nun segundo plano, coma cuestión colateral, un epifenómeno (xa sei que é un "palabro", dicía un compañeiro: "si, todo fenómeno comeza por ser Epi e termina por ser Blas"). Así lin declaracións de Yolanda e Rubén Pérez nas que falaban que AGE tiña que manter esa "unidade de destino" (usaban outras palabras), pois téndose presentado xuntos outra cousa sería un "fraude eleitoral" (isto vai ser o novo "meme"). Esa idea volvina ler nun artigo de Xesús Alonso Montero. Amosa que EU vai tratar de manter coma "refén" das siglas AGE a unha parte do nacionalismo subordinándoo a súa estratexia. Os nacionalistas podemos continuar tirándonos os trastos á cabeza, seguro que todos temos munición...e que sega a destrución de Galiza coma nación. Eu aposto, xa non pola reunificación, senón por un proceso de refundación. Comecemos construir.

1 siriso

Eu tamén aposto pola refundación, na que incluiría unicamente as forzas políticas proprias, que son as únicas que, con todos os seus erros, son as únicas que teñen un proxecto digno e propio de país. Para que vexades cal é a opinión no exterior na órbita de IU-PCE, da "Siryza galega", adxúntovos este parágrafo que é unha xoia. "y para finalizar el rollo , lo de AGE puede ser flor de un día- el bicho tiene 76 años y lo veo llegar a la edad de carrillo y despues de el LA NADA IU no existe prácticamente en la visibilidad de esta coalición apresurada con lo cual Yoli tendrá que redoblar esfuerzos para sacar la cara y empezar e preparar la debacle de las proximas- a poco que vuelva la caca del PSDG y de BNG, AGE se deja mas d ela mitad de apoyos..". Tendes esta opinión e outras en: http://blogs.publico.es/pablo-igles...

41 Yolandita la firma cheques

O invento frentista foi de Beiras. Levou intoxicando o nacionalismo 30 anos, con Beiras defendendo esa m_erda continuamente. Agora que andou de novo con lombrices, anda enredando outra vez para volver vender a mesma me_rda desta vez abranxindo mais xente.