Analfabetismo dixital no rural

Unha temida ‘Brecha Dixital’ amosa a unha das facianas máis negativas para as persoas que residen no ámbito rural. A trama dun sofisticado plan permitiu expoliar as contas do concello de Cerdedo. Un delicuente informático fixo seus 200.000 euros repartidos en diversas contas bancarias.

Por Juan De Sola | Pontevedra | 27/10/2012

Comparte esta noticia
Realizou esta operación coa comodidade que conceden 20 horas sen ser detectado. Foron tantas as facilitades que o hacker tivo tempo suficiente para acceder as claves da conta bancaria, gracias a un falso interfaz. Unha pantalla que simula que estamos na web dos servizos bancarios On Line. 
 
Posteriormente, rematou a sua hazaña retirando diferentes cantidades cunha extrema capacidade para diseminar o rastro dos cartos en varias contas. Esta operación foi materializada dende o equipo informático da responsable de tesorería. De feito, no intento de efectuar uns pagos, sen ter a mínima constancia de ameza que a rodeaba, a funcionaria faciltou toda a información necesaria para deixar a un concello do rural nunha comprometida situación económica...
 
Agora, queda por coñecer os resultados dunhas investigacións que conducen a pura incertidume na recuperación da cantidade sustraída. As tarefas revisten unha certa complexidade ante unha sofisticada estafa na rede. 
 
Fai uns meses a propia Organización de Naciones Unidas emitiu un chamamento a comunidade internacional e os propios países desenvolvidos ou en vías de desenvolvemento para prevenir as atroces consencuencias que pode xerar unha continuada analfabetización dixital. En tempos atrás, os temores a presenciar un novo fenómeno de discriminación social formou parte da axenda de expertos na Social Media e especialistas en TIC´s.
 
Namentras, as organizacións sociais e institucións públicas obviaron, facendo oídos sordos, as recomendacións para esquivar unha gran ameaza que algúns autores denominaron: ‘Incluidos Off, Excluídos On’. Ese era o título dun dos artigos de análisis de Alberto Quián, Community Managament de Galicia Confidencial, publicado no ano 2009.
 
Arestora, tras os feitos coñecidos en Cercedo, o Colexio de Informáticos de Galicia reiterou a necesidade de afrontar o mesmo argumento, con maior determinación na transferencia de capacitación, coñecemento, formación e desenvolvemento de habilidades ante as novas ferramentas tecnolóxicas”. 
 
Esta insistencia ben sustentada pola realidade dunha gran ameaza que, de xeito inexorable, mudou de tempo: O futuro pasou a ser presente…
 
Pese a todo, desgraciadamente, as actuais brechas sociais que presiden no rural galego, agora temos a obriga de sumar un novo perigo: O analfabetismo dixital… 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan De Sola Xornalista de Onda Cero Radio e corresponsal da axencia Efe Pdte Agareso - Reporteiros Galegos Solidarios 16 anos de exercicio como profesional da comunicación Recoñecementos: Mérito Social Pentenciario polo proxectos de comunicación para o desenvolvemento no centro penitenciario de A Lama Recoñecemento da asociación galega de radiodifusión pola reportaxe 'Mariñeiro no porto de Meloxo - O Grove' no afundimento do Prestige