A Asociación de Actores e Actrices de Galicia apraza a gala dos premios María Casares

Por E.P. | A CORUÑA | 12/03/2020 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, aprazou a gala de entrega destes galardóns, que estaba prevista no Teatro Rosalía Castro o 26 de marzo. Tamén adoptou a mesma decisión coas actividades paralelas previstas.

Teatro María Casares.
Teatro María Casares.

Faino ante as novas medidas expostas polas autoridades sanitarias para conter o coronavirus. O prazo de votacións, realizado telematicamente a través da plataforma de votación dispoñible para o censo de votantes, continuará, segundo informa.

"Dependendo dos acontecementos", a organización dos premios decidirá "cando sexa posible, a maneira de comunicar os e as gañadoras no catorce categorías, reservándose a posibilidade de celebrar a gala noutro momento do ano ou reformular tanto a comunicación pública como a entrega dos galardóns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta