"Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista"

Rafael Cuíña, candidato de CxG por Pontevedra ten claro que o proxecto desta nova formación ten que continuar pero tamén non pecha portas a un diálogo amplo con todas as formacións nacionalistas. Felicita a AGE polos resultados e asegura que o BNG "é imprescindible" en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/10/2012 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Apañou máis de 800 votos en Lalín --a súa localidade natal-- e converteu a CxG na terceira forza máis votada desa localidade. Por iso, non descarta volver a este municipio como candidato nas vindeiras municipais. Recoñece que os resultados de Compromiso non foron bos pero agarda que o 21-O sirva para consolidar un proxecto de futuro.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña

Di que deixou amigos no PPdeG pero que se sinte moni "cómodo" na súa formación nacionalista. Unha forza, di, que é de "centro-esquerda". As tarefas máis urxentes; "congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo".

Galicia Confidencial (GC).- Xa pasaron uns días dos comicios. Agora, en frío, como valoras os resultados?

Rafael Cuíña (RC).- Pois non foron bos. Agardaba máis, certamente. Demasiados atrancos no camiño en tan pouco tempo. E asumo a miña cuota de responsabilidade. Puxen o meu cargo a disposición da executiva e por unanimidade pedíronme que seguise con máis forza se cabe. Só podo dar as grazas aos meus compañeiros pola xenerosidade.

GC.- Cres que CxG pode chegar a máis deses 16.000 galegos que apostaron por ela?

RC.- É evidente que o creo

GC.- E como?

RC.- Temos que facer xa ese congreso constituinte e que a marca política sexa coñecida. Daba a sensación de que a algúns non lle interesaba que fose coñecida. Eles saberán porque.

GC.- Que cousas habería que mellorar a partir de agora?

RC.- Reforzar as estruturas comarcais, definir ante a sociedade o que é CxG, e moita humildade para asumir os nosos erros.

"Centro-esquerda"

GC.- Unha crítica que se vos fai é que non se sabe se CxG é unha formación de dereitas, de esquerdas ou de centro?

RC.- Ou non se quere saber... nesta formación hai galeguistas progresistas até xente da esquerda renovadora. Está claramente situada no centro-esquerda Galeguista-nacionalista.

GC.-  Foron as túas primeiras eleccións como candidato ao Parlamento. Cales son as túas impresións?

RC.- A experiencia foi boa. Fixen case 6.000 km, reuninme con todo tipo de colectivos, falei cunha cantidade inxente de persoas. En resumo, a día de hoxe coñezo moito mellor a problemática da miña provincia.

GC.- E se tiveras que elexir algún momento destes 15 días de campaña, con cal te quedarías?

RC.- O mitin de Lalín co auditorio cheo, e a impresión que me causou a cantidade de xente que está descontenta cos políticos. (Con toda a razón)

GC.- Acadaches máis de 800 votos en Lalín. Xa pensas nas municipais?

RC.- Pensamos como organización, si, serán as nosas eleccións, como xa tiñamos previsto. Estou moi orgulloso da resposta dun pobo como o lalinense no que tan difícil é non votar ao PP, que baixou 900 votos. CxG será moi importante alí tamén.

"Atado ao mástil"

GC.- E cres que CxG chegará como partido a esa cita electoral?

RC.- Non teño a menor dúbida. O certo é que xa o propio domingo escoitei cantos de serea. Estou atado ao mástil...

GC.- Os principais medios falan da ausencia dun líder carismático, estás dacordo?

RC.- Creo que Xoán Bascuas é un traballador incansable, con unha idea clara do que quere para esta terra, e unha excelente persoa. Creo máis en eso que en lumes de artificio.

Felicitacións

GC.- E a que cres que se debe o éxito de AGE?

RC.- Pois a que moitas persoas pensaron que a súa mensaxe recollía a indignación social contra un goberno evidentemente negativo para esta terra. Eu alégrome por eles, sobre todo por Martiño e Beiras que o merecen. É coñecido que a min non me gustaba un pacto cun partido non nacionalista como IU. Os felicito sinceiramente.

GC.- Pensas que esta formación apañou votos do voso electorado?

RC.- Penso que é evidente

Acordo nacionalista

GC.- Tamén hai quen fala de volver a reeditar un pacto nacionalista. Cres que logo da escisión no BNG se pode chegar a un novo acordo entre formacións nacionalistas?

RC.- Pois o que hai que ofertar son produtos en función dunha demanda. O BNG é necesario para Galiza, sempre o foi. Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista, e queira que os centros de decisión estean en esta terra.

GC.- Foches militante do PP durante moitos anos. Como te ves como candidato noutra formación?

RC.- Pois sinto que agora, nunha formación nacionalista, estou na miña casa, ideoloxicamente falando.

GC.- E a xente non te pregunta porque deixaches o PP? e que lle dis logo de que esa formación volvera a arrasar nas eleccións?

RC.- Non perdo moito o tempo con este tipo de cuestións. Eu marchei de alí porque non teño nada que ver con eles. No persoal teño moi boas amistades alí.

GC.- Pero hai quen se puxo contento no PP de Pontevedra polos seus resultados? Parece que algúns non lle querían ben nesta formación...

RC.- Supoño que a vida é así. Eu miro cara adiante, nin para atrás nin para o lado. O PP ten o meu respecto, mais non é o meu proxecto. Eu son galeguista. Por certo, parabéns polo seu resultado.

GC.- E, agora, cales son os retos inmediatos?

RC.- Congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo, moito...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

49 blancolexitimo

¡Que pena! Xa non tiña moita ilusión cando votei. É inconcebible tanta cegueira política nun país no que a dereita (democrática, para que non me mezclen cos non demócratas que tanto abundan por aquí) anda oscilando en todo tipo de eleccións por riba e por baixo do 50 % dos votos, o personal que se declara nacionalista ande a navalladas por un pedazo que vai do 11% nas Generales 2011 ó 25% nas Autonómicas 2012. Mentras a leira do galeguismo non nacionalista (do conservador e autonomista ó de esquerdas partidario dun Estado Galego nunha República Federal Española) sigue a barbeito. Saquen o disfraz e volvan pro Bloque, fagan o favor. O nacionalismo democrático e conservador é respetado por todos os galegos. Seguro que, tal e como van as cousas, GALEUSCAT terá uns resultados extraordinarios nas próximas convocatorias. Os galeguistas de esquerdas agardaremos a que outros boten a andar un proxecto. Os perdedores sempre tivemos máis aguante.

1 Akribéstaton

Há um ponto cego no teu discurso que põe em evidência a causa do desastre político galego (mas não só): não concebes a possibilidade dum movimento soberanista, independentista, SIMPLESMENTE POR RAZÕES DEMOCRÁTICAS? O que ha que procurar é ante tudo mais democracia. O outro virá por acréscimo. Nem nacionalismo retrógrado nem progressismo espanholista: democracia. Pois acho que o respeito escrupuloso às formas tem conseqüências substantivas.

48 Mais um

Pois nas municipais do Grove tenhem-o chungo http://www.todogrove.com/index.php?...

47 Basta de bipartidismo

O primeiro que hai que conseguir en Galicia é que os concellos deixen de ser, na maior parte, o chiringuito de PP o PSOE. Dame igual que governe CxG, BNG, ANOVA... pero por favor, que estes dous partidos (PP e PSOE) que nos levaron a crise, é increible que a xente lles siga votando.

1 ADIANTE CxG

Eu penso o mesmo. O PP. nas vindeiras eleccions, va ter moito mais desgaste. Nas municipais, é posibel, que perda ata as deputacións. Animo, que queda menos. E o Sr. Cuiña ten que seguir dando a tabarra no seu pobo, como outros concelleiros de CxG, sempre con tempo, non a ultima hora, tasrde mal e arrastras, como fixo nestas eleccions autonómicas.

2 mk__

POis eu creo que os concellos e Deputacións deberian deixar de ser o chiringuito de alguen e ser os concellos da xente,e se ademais son nacionalistas, mellor. Pero só é a miña opinión.

46 adrián

Nesta primeira fase do reaxuste do sistema político de partidos evidénciase que ningunha forza exerce a hexemonía no campo da esquerda nacionalista e que futuros e previsíbeis desprazamentos recompoñerán o mapa nos próximos tempos. A expresión que falla no novo mapa é a soberanista. http://cronicasindepes.blogspot.com...

45 Bierzo Ceibe

Esta moi ben facer un xornal plural. Pero ter artigos como o de Xoan Vazquez é cobarde. É insultar a outros nacionalismos para tentar caer ben en Madrid. Para tantar quedar ben con todos. Se publicades artigos que ben poderian estar asinados por Alfonso Ussia, se tan plurais sodes, ben poderiades abrangues o outro estremo e pedirlhe artigos a Arnaldo Otegi. Mentres tanto non esperedes que me faga GPluseiro. Ir pedirlhe un sobre ao Frijol deses que lhe da a o Reicinho de la Voz de Galicia. Con artigos como os do fachinha ese seguro que non teredes problema.