Feijóo aposta por suspender "de forma inmediata" as eleccións pero non quere fixar unha nova data

Di que o de fixar unha nova data, como piden os grupos da oposición, "non toca".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2020 | Actualizada ás 22:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aposta por suspender "de forma inmediata" a convocatoria de eleccións autonómicas prevista para o próximo 5 de abril, pero cre que por agora "non toca" fixar unha nova data para os comicios.

"Falar nestes momentos de eleccións é algo que ningún cidadán de Galicia entendería", insistiu o presidente autonómico nunha rolda de prensa ofrecida este sábado, tras a reunión da Comisión de Coordinación Operativa para facer fronte á emerxencia sanitaria polo novo coronavirus.

Neste sentido, Feijóo volveuse a remitir a esa reunión que manterá o luns cos principais candidatos para abordar a convocatoria do 5 de abril, pero preguntado sobre a concreción dunha nova data dixo: "Iso non toca, na miña opinión, analizalo".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala das medidas para frear o coronavirus.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala das medidas para frear o coronavirus.. XUNTA | Fonte: Europa Press

SÁNCHEZ

Pola súa banda, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, manifestou este sábado que ve "pouco razoable" que se celebren as eleccións galegas, pero quixo deixar claro que é unha competencia de Núñez Feijóo, polo que será el e o "consenso" entre o resto de partidos os que tomen a decisión.

Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que aprobou o decreto do estado de alarma, Sánchez explicou que o Executivo considera que as medidas de restrición no movemento dos cidadáns que se impoñen nesta norma dificultan a convocatoria electoral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta