Alerta amarela por neve e forte ondada a partir desta tarde de domingo

Esta nova masa de aire afectará á montaña de Lugo e Ourense e ao litoral da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Galicia estará baixo o aviso de alerta amarela a partir desta tarde de domingo, que afectará ás montañas de Lugo e Ourense por acumulación de neve e ao litoral coruñés por forte ondada.

Meteogalicia activiará este aviso a partir das 15,00 horas deste domingo unha alerta que se prolongará ata esta medianoite tanto na montaña como na costa.

Será a entrada dunha masa de aire fría na comunidade a que deixe a cota de neve na montaña entre os 800 e os 1.000 metros durante a tarde e unha acumulación de neve superior aos 5 centímetros.

No mar, as ondas crecerán ao redor dos 4 metros no litoral noroeste ao final do día. En concreto, afectará as zonas de coruña noroeste e a Costa da Morte.

Alerta por neve nas montañas galegas. GARDA CIVIL - Arquivo
Alerta por neve nas montañas galegas. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta