O coronavirus cóbrase a súa segunda morte en Galicia, un home de 81 anos

Trátase dun caso importado e tiña varias patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A pandemia de coronavirus deixou unha segunda vítima mortal en Galicia, un home de 81 anos con varias patoloxías ingresado no hospital de Montecelo, en Pontevedra, un caso importado que dera positivo, informou na medianoite deste sábado a Consellería de Sanidade.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

A primeira falecida por esta pandemia na autonomía é unha muller de 92 con "múltiples patoloxías" que se atopaba no Hospital Povisa de Vigo, na mesma provincia. A anciá dera igualmente positivo na proba e o seu era tamén un casos importados, indicou o departamento autonómico.

O servizo galego de saúde ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos. EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A respecto dos mortos, mirade o que dí Fernando Vallespín : "algunos médicos italianos nos han narrado la angustia que les producía el verse obligados a decidir a quién salvaban. Se lo pueden imaginar: al más fuerte" https://elpais.com/elpais/2020/03/1...