(Vídeo) Jácome, de paseo por Ourense en pleno estado de alarma

Os movementos están limitados agás para necesidades básicas durante 15 días para frear o coronavirus.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Un día despois da declaración do estado de alarma que obriga a todas as persoas a gardar corentena nas súas casas para evitar a expansión do coronavirus, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi pillado mentres paseaba por Ourense acompañado doutra persoa. 

Jácome, de paseo en Ourense en pleno estado de alarma
Jácome, de paseo en Ourense en pleno estado de alarma | Fonte: YouTube

A crisa sanitaria pola que atravesa Galicia e o resto do Estado levou a decretar o estado de alarma a través dun Real Decreto este mesmo sábado. Nel indícase a necesidade de limitar os movementos, agás para necesidades básicas, tales como asistir a centros sanitarios, comprar alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade, coidar das persoas que o necesiten pola súa dependencia ou ir a entidades financeiras ou de seguros. Ademais, permítese saír das casas para ir e volver do traballo.

O resto de actividades están prohibidas e desenvolvelas pode acarrexar sancións. Ata o de agora, Galicia rexistra 189 infectados por este virus, 36 máis ca este sábado, e deles, 148 persoas reciben atención dende o seu domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Nonmetusas

Aprendeu dos infectos madrileños 😷🐖🇪🇦

3 RAMON

Son veciño de Ourense,iste home non ten límite, axuda por favor, non hai naide que teña a reponsabilidade de botalo, estade atentos non e última que fai.SOS JACOME FORA

2 mirko

moi normal non é.

1 Burgués

Este retrasado mental tiña que ser inhabilitado. Non está ben da cabeza e demóstrao todos os días. É un mono con pistola. Os ourensáns non votaron esto, todo foi un amaño Baltar-Feijóo. Dimisión xa!