A industria farmacéutica nunha "intensa carreira" para atopar un tratamento

Cre que "nos próximos meses" poderíanse ter fármacos contra coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 16/03/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O presidente da patronal da industria farmacéutica innovadora en España (Farmaindustria), Martín Sellés, sinalou que "nos próximos meses" poderíanse dispor dos primeiros medicamentos útiles contra o coronavirus Covid-19.

A través dunha carta aberta, Sellés explicou que as compañías farmacéuticas en todo o mundo están inmersas nunha "intensa carreira" en busca dun tratamento para combater a pandemia, en colaboración estreita coas autoridades e organizacións sanitarias e centros e investigadores públicos e privados. Este traballo, tal e como lembra, xa deu como resultado a identificación de decenas de antivirais e potenciais vacinas que están a ser probados para comprobar a súa eficacia contra o Covid-19.

"O camiño percorrido é grande, porque se trata de fármacos que xa están no mercado para outras indicacións e demostraron a súa seguridade ou son compostos en desenvolvemento que xa cubriron parte do longo proceso investigador, o que permite acurtar os tempos. Todo isto debe axudarnos a ser positivos e pensar que nos próximos meses, como xa ocorreu en epidemias anteriores, poderemos dispor dos primeiros medicamentos útiles contra este virus", resaltou.

Doutra banda, en canto ao abastecemento e subministración de medicamentos durante esta crise sanitaria, mantivo que as compañías son "moi conscientes" da importancia do medicamento para os pacientes e para os profesionais sanitarios. "Temos en marcha plans de continxencia e traballamos en estreita e continuada cooperación coa Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) para compartir información no caso de que se detecte calquera alteración en materia de subministración de fármacos e articular as medidas oportunas para garantir a atención aos pacientes. Traballamos tamén cos distribuidores e as oficinas de farmacia para asegurar que toda a cadea do medicamento funciona de maneira coordinada e eficiente", avanzou.

Medicación que se está dando agora para o coronavirus 2 (SARS-CoV-2),. CDC
Medicación que se está dando agora para o coronavirus 2 (SARS-CoV-2),. CDC | Fonte: Contacto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta