CxG camiña cara a un "proxecto partidario único"

A formación destaca que a "polarización Feijóo-Beiras" perxudicounos durante a campaña pero destacan os "procentaxes destacables" alí onde están asentados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

CxG converterase nun "proxecto partidiario único" que inclúa ás distintas correntes que integran a formación para convertila nunha formación "útil" para os cidadáns e con "propostas claras e precisas".

Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG
Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG

Para iso, Compromiso celebrará o vindeiro 16 de decembro o seu congreso constituinte. O seu obxectivo é asumir unha "filosofía de cooperativa política" desde uns postulados do "centro progresista galeguista até a esquerda renovadora".

"Porcentaxes destacables"

Foi o acordo do seu Consello Político Nacional, celebrado este sábado, e no que a formación acordou abrir unha "fonda reflexión" logo duns resultados que consideraron que "non foron bos". Con todo, destacou os "porcentaxes destacables" alí onde a formación te unha "importante presenza organizativa".

En todo caso, a dirección de CxG coincide en que eses comicios estiveron poralizados por Feijóo e Beiras. "Isto fixo imposible, política e mediáticamente, visibilizar unha nova proposta", sinalou. O seu reto está possto nas vindeiras eleccións municipais, dentro de dous anos e medio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

7 Laura S.

Vostedes tiñan 0 e agora teñen 15.000 apoios. Adiante, áánimo e forza. E sen coñecelos a sociedade. Moita sorte para o Congreso Constituínte...Galicia precisa moito dunha forza como Compromiso.

6 blancolexitimo

Teñen vostedes un problema: non se pode estar un día por converxer con todo o que sone a nacionalista, e ó día seguinte situarse do "centro progresista galeguista até a esquerda renovadora". Nacionalistas xa os temos: os respetables e conservadores membros de Galeuscat. Beiras, algo absolutamente conxuntural por estar no momento preciso no lugar adecuado, declara que vai pelear pola liberación nacional de Galicia. Ben. Vostedes teñen un espacio político moito máis amplio en Galicia que o nacionalismo e o de Beiras xuntos. A desfeita do PSOE, xunto coa deriva de EU cara unha Ezker Batua que morreu corrupta, ou dunha ICV independentista de seguir co profesor Beiras, deixa o territorio da esquerda galeguista e federalista a monte. O do galeguismo moderado xa o estaba, salvo eses liberales que tanto se fan oir. O que non poden é ser ó mesmo tempo o cura e o cativo no bautizo.

1 meme

E a vostede cal lle parece a correcta vía?

2 carballo

O centroesquerda nacionalista abrangue dende o PNG até a socialdemocracia galega,agora ben, é a miña opinion claro, non sei en qué devendrá CxG, eles ofertarán a este humilde e esperanzado vector da sociedade/electorado galego.

3 Xanti

Hoxe en día o nacionalismo galego de ANOVA e a UPG está ao monte, por eso nunca sobrepasaremos os dazasetes deputados que houbo no 97 e que se repetiron fai unha semana. Compre algo mais centrado, se non non imos a ningures.

4 Laura S.

Só con BNG e mais esquerda nacionalista o centralismo español arrasara toda a vida na Galiza. CxG, a quen eu desta vez non votei máis desexo votar, é un camiño necesario para Galicia. Unha corrección: no 1997 o nacionalismo galego tiña 18 representantes. Hoxe ten 11. Hai 5 que son moi comunistas, moi republicanos, moi anticapitalistas...máis son españois. Teñen o seu centro de decisión en Madrid. Están ás ordes de Cayo Lara.

5 Coiro

todo ese galeguismo e nacionalismo moderado que quedou a monte é o territorio de CxG. Boa falta fai que alguén ocupe ese espazo.

6 carballo

Concordo contigo Coiro, son novo neste foro e as túas opinions as teño en consideración.

5 Arquiveiro

Tedes dous anos para traballar para que a xente vos coñeza, ánimo!!

4 antiburras

Ben que queriades ir cos neoespañolistas de Beiras

1 Arquiveiro

En ningures din iso...

2 Un vello galeguista

Beiras ten tanto de españolista como teño eu de astronauta. Non digamos parvadas e vaiamos ao grao das cousas. A unión con EU é unha estratexia que lle pode sair mal, verdade, pero que ten toda a boa intención do mundo.

3 carballo

A organizacion en Carballo non pode ser Terra Galega,non teñen cultura politica ,o centroesquerda nacionalista ten que ser outra cousa

1 carballo

Pero,ánimo e sementade ben!

2 Outro carballés

Totalmente de acordo con este bergantiñán. Se o futuro de Compromiso en Carballo pasa por levar de cartel a un personaxe como Andrade dicídelle adeus á vósa credibilidade. Moitos agardamos dende hai anos o nacemento de unha forza coma Compromiso, pero tedes que vos replantexar os compañeiros de viaxe. Terra galega en Bergantiños son só ex do PP ós que se lles impediu seguir cortando o bacallau.

3 carballo

Estou de acordo paisano, un saùdo.

4 Por outro carballés

Unha aperta,meu. Galiza, sempre.

5 Platón e Aristóteles

Cultura política é o que lle falta ás formacións políticas galegas e non galegas. O BNG sempre tivo adictos á causa; con razón ou sen ela. Compromiso X Galicia ten que elixir mopi ben o cemento co que vai construir o edificio nacional/galeguista. Agora, cando ainda non ten estructuras ríxidas e amarradas ao poder debe examinar con lupa cada un dos que se lle arriman para crecer; logo a partitocracia, da que debe fuxir coma do lume, xa o fará dificil.