A Xunta pide máis equipos de protección para os servizos de emerxencia e Protección Civil

Rueda tamén solicitou ao ministerio de Interior información sobre peche da fronteira con Portugal, "moi relevante para Galicia pola gran actividade que se desenvolve ao redor da raia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Goberno central máis Equipos de Protección Individual (EPIs) para dotar os servizos de emerxencia e as agrupacións de Protección Civil e que poidan así realizar o seu traballo "con todas as garantías ante a epidemia do coronavirus".

Así o indicou a Xunta nun comunicado de prensa, no que explicou que esta petición lla trasladou este luns ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con quen mantivo unha videoconferencia pola tarde xunto cos conselleiros do resto de comunidades autónomas e delegados do Goberno.

No encontro, Rueda tamén solicitou outras aclaracións como o peche da fronteira con Portugal, "moi relevante para Galicia", matizou a Xunta, "pola gran actividade que se desenvolve ao redor da raia".

Así mesmo, o vicepresidente galego aproveitou para trasladar a postura de Galicia sobre a necesidade de manter abertos os talleres mecánicos, que "realizan un labor fundamental para manter operativos outros servizos básicos, como os de emerxencia, transporte ou urxencia sanitaria", concretou a Xunta.

O vicepresidente galego nunha reunión este luns co ministro do Interior e outros conselleiros e delegados do Goberno.. XUNTA
O vicepresidente galego nunha reunión este luns co ministro do Interior e outros conselleiros e delegados do Goberno.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta