O PT denuncia o "espólio" dos grupos parlamentarios

Asegura que PPdeG, PSdeG, AGE e BNG percibirán máis de 30 millóns de euros os vindeiros catro anos para financiar as súas "maquinarias políticas".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/10/2012 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Máis de 30 millóns de euros. Esa é a cifra que percibirán os catro grupos parlamentarios pola súa representatividade electoral. Unha cifra que para o Partido da Terra (PT) supón un "espólio" das arcas públicas para financiar "con diñeiro público as súas maquinárias políticas". 

Táboa explicativa aportada polo PT
Táboa explicativa aportada polo PT

Este partido defendeu durante a campaña electoral a desprofesionalización da vida política e a posta en marcha dun si stema de democracia directa. Por iso, pide que se remate con estas "dádibas".

Os catro grupos parlamentarios percibirán máis de 10,67 millóns de euros durante os catro próximos anos, incluíndo un subsidio base de 638.194 euros, un subsidio variável en función do número de deputados e un subsidio finalista. O PT estima que, por este concepto, o PP recibirá 4,63 millóns, o PSOE 2,6 millóns, AGE 1,8 millóns e BNG 1,63 millóns. Para alén desta cantidade, en lexislaturas anteriores prevíase un subsidio adicional para a contratación de persoal de libre-designación por parte dos grupos.

Subsidios electorais

Ademais, as candidaturas concorrentes que obtiveron representación terán dereito a outros 3,4 millóns de euros en subsidios electorais, incluíndo os subsidios por escano, os subsidios por voto e os subsidios por envío de propaganda electoral. Nestes itens o PP irá recibir aproximadamente 1,38 millóns de euros, o PSOE 817.938, AGE 623.889 e o BNG 561.091. 

"Estes fundos, junto com boa parte dos procedentes doutras partidas, devem dedicar-se agora à devolução das dívidas contraídas por todos os partidos com entidades financeiras, assim como os correspondentes juros", denuncia o PT que lembra que algúns partidos recibiron grandes empréstimos de bancos e das súas entidades políticas en Madrid.

Salarios

As partidas máis pesadas para as arcas públicas son as de salarios, indemnizacións e axudas de custo, cun total de 18 millóns de euros. O salario base dos deputados do PP custará 3,83 millóns, o dos do PSOE 1,67 millóns, os de EU e ANOVA 839.354 e os do BNG 652.831. Ao salario base engádense as chamadas "axudas de custo" para cada deputada, que suman 4,85 millóns para o PP, 2,13 millóns para o PSOE, 1,06 millóns para EU e ANOVA e 829.365 para o BNG. 

A isto hai que engadir as "indemnizacións" que reciben todos os deputados a modo de complementos, gastos de "representación" e gastos de libre-disposición pola súa participación como presidentes, vicepresidentes (1º ou 2º), secretarios, vice-secretarios ou voceiros dun inmenso número de comisións, mesas e grupos (practicamente todos os deputados deteñen unha ou varias destas posicións).

Financiación dos partidos

Con todo, a maior parte dos deputados destinan entre o 5% e 15% das súas retribucións para contribuír co financiamento do propio partido. Podes ver o cadro informativo realizado polo PT aquí.

O PT denuncia o elevado custe para manter a estes deputados, así como o mantemento dos grupos municipais, alcaldes e grupos políticos e deputados provinciais ou senadores. "O PT chama a unha reflexión sobre a propia natureza dos mecanismos da "democracia representativa" e apela para unha mudanza no xeito de entender a política que devolva o poder decisório ás persoas", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

6 Peteiro

O que deveria ser ilegal é que os partidos enviem os seus boletins de voto às casas, como desta vez fizeram PP, PSOE, AGE, BNG, UPyD e SCyD (estes últimos, via jornais). É praticamente o único país da UE onde isto é legal, e a mais inri faz-se com dinheiro público e subsídio específico. No exterior, entre o voto CERA, o Partido da Terra é a segunda força extra-parlamentar mais votada, superando UPyD, SCyD, CxG, etc. Os que lá votam, polo menos, têm a hipótese de onde escolher. Em vários colégios de Lousame, a apoderada do PT teve que chamar a atenção às meses por estarem ocultados os boletins de voto e muitíssima gente, por medo ou devoção, leva o boletim da casa, e nem sabe quem mais se apresenta. Bravo a AGE por entrar polo aro!

1 Lubre

Alén da desfeita que inflixen na arboreda do país, os listados electorais –millóns de follas de papel- enviados ás casas de cidadáns libres son un indicio do que os partidos políticos supoñen nos electores: falta de sentido cívico e de seguridade ante un acto que, en boa lei, debería ser un triunfo, non da democracia, senón da liberdade individual. Andar con estas artimañas ten moito de vergonzante e, ao mesmo tempo, de ocultismo, como se o feito de votar fose algo deshoroso que hai que exercer nunha atmosfera fechada. Non é, de momento, ilegal, mais si de moi baixa ralea democrática.

5 O muiñeiro da Serra

Unha cousa é que se racionalicen os gastos políticos (cecais coa metade dos gastos faciase o mesmo) e outra cousa é que un elexido non cobre un salario. Eu non quero políticos mendicantes; tampouco panzudos e ben retribuidos; quero xente cun soldo decente (hoxe estaria nos dos mil euros mes) e que a súa familia non pague o pato deixando de percibie un mínimo para o seu sustento. De aí haberia que centrar cantidades e conceptos. O pago por papeltas quitariao dun plumazo. É un despilfarro co que est´ña caendo. Hai moto onde cortar, efectivamente.

1 Peteiro

Desde quando ser "político" é uma profissão? Eis o problema! Suas senhorias os deputados não a ranham. Esse é um facto. Quem prepara as leis não são deputados. Apenas são figuras dum teatro do qual nós somos audiência. Um interesante artigo sobre o tema: http://mundogaliza.com/politicos-em...

4 Para os mal-dizentes

Para começar, mentres outros pediam cartos aos bancos para financiar as suas campanhas ou pediam aos seus simpatizantes para fazê-lo, o Partido da Terra não gastou um cão na campanha. Logo, não tem dívidas com nenhum banco que devolver. Que expliquem os outros como o vão fazer ..

1 eusi

Culpar a quen ainda non tomou decisions sobre esas cantidades e' jn exercicio de prepotencia e necidade so' explicable por razons da maismbaixa ralea da mente humana

2 A verdade dói

Não faz falta, digo-che eu onde vão ir os cartos sim ou sim: a pagar os créditos pedidos à banca ..

3 A verdade dói

E razões 'da mais baixa ralé' é pedir à militância se endividar para financiar a campanha .... Não aprenderam nada da crise, ou quê??

4 Peteiro

A próxima burbulha a rebentar será a da política profissional

3 bouzas

Concordo 100% co Partido da Terra, hai caste política e hai aparato de partido! Agora sabemos cal é a prioridade nos partidos, e como por esencia todos van a conservar o choio e os privilexios! Outra política é precisa!

2 O Sistema

OHHH, milagre: AGE xa é do sistema... que rápido!

1 Comunista

Tamén o era Herri Batasuna? Porque tamém cobraba. E esa foi a causa principal da súa ilegalización. O problema para o PT é outro: que non entraron no parlamento e polo tanto non están no reparto da tarta.

2 Fóra do país dos ananos

Se cadra non vai mal desencamiñado o comentario anterior...Bah, pero realmente nunca poderemos saber que pasaría chegado o momento, nin que faría o persoal do PT perante a torta, porque as supersticións poucas veces triunfan.

3 Piorno

O PT renúncia a todo tipo de subsídios e salários por representantes. É coerênte. Se entramos na crítica de "quando entrem vereis como se vendem como os outros" estamos caindo na eterna demagógia da direita.

4 Coiro

Creo que van doar todo o que pase de 1500 ao mes, por aquelo de ser coherentes co seu discurso antisistema e anticapital. :)

5 Apasta

Quem, os de AGE ou os do BNG? Vão doar a quem? Ao partido? Acreditas por fé messiânica ou porque sabes que vai ser o caso? O resto da milhonada, tirando o que há que devolver ao Banco Pastor (Anova), a Cayo Lara e outros bancos (tanto AGE como BNG), vão ficar com ele ou também vão ser doados?

6 Sorpresa

Pero non dixeran os de AGE (Beiras e IU) que non iban pedir aos bancos para non ser iguais a os outros partidos? Non me digades que xa esqueceron as súas propostas?

7 jos

Anova pediu dinheiro de campanha ao Banco Popular. A parte de IU ou veu do Estado ou de algum outro banco.

8 A verdade dói

Para Comunista: iam-no ter difícil para entrar no reparto do pastel.. o PT, por não ter, não tem nem conta bancária, mira tu!