Médicos xubilados mostran a súa disposición a axudar: "Se me necesitan aí vou"

"Case todos seguimos estando namorados da nosa profesión", comentan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Médicos xubilados galegos mostraron a súa disposición ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para volver ao traballo activo se é necesario debido á crise polo coronavirus "sen dubidalo un instante" debido á súa vocación.

Así o transmitiu, en declaracións a Europa Press, a doutora xubilada María José Lorenzo Patiño, quen apelou á súa vocación para axudar. "Se podes axudar, porque ser médico imprime carácter, sempre estás aí", subliñou.

Neste sentido, insistiu en que "a vocación de médico sempre leva implícito poder axudar", sostivo, para indicar que diversos compañeiros xubilados mostraron a súa disposición a volver ao servizo se é necesario. "Se me necesitan aí vou", abundou esta médica que leva catro anos xubilada.

Nesta liña, o vogal de médicos xubilados do colexio provincial de Ourense, o doutor José Quiroga, que exerceu de traumatólogo, mostrouse, en declaracións a Europa Press, disposto tamén a axudar.

Deste xeito, explicou que numerosos compañeiros xubilados se ofreceron ao Sergas para atender o teléfono de información sobre o coronavirus. Así, sinalou que se xuntou un grupo de "case 40" profesionais fóra de servizo entre o venres e o sábado, pero "o luns a Xunta informou que non era necesarios porque hai recursos suficientes".

"Se é posible axudo", afirmou este doutor xubilado de 73 anos, que destacou que "sen dubidalo un instante" en caso de ser necesarios máis facultativos máis adiante volvería ao servizo, como tamén o manifestaron outros compañeiros. "Case todos seguimos estando namorados da nosa profesión", sentenciou José Quiroga.

MEDIDAS

María José Lorenzo considera "preocupante" o que sucede, polo que insta a "facer o que din" as autoridades. "A situación é horrible a nivel económico e persoal, pero é necesario", defendeu. Neste sentido, mostrouse en contra da posición de Reino Unido, que non estableceu medidas restritivas, porque "que se infecte todo o mundo non é normal". "Teñen que axudar", abundou.

Por iso, esta profesional xubilada defendeu as medidas adoptadas en España para que "se infecte a menor xente posible" co fin de "procurar non ter unha catástrofe maior".

RESPONSABILIDADE

Deste xeito, María José Lorenzo apelou á responsabilidade da poboación para "saír o mínimo", como á compra. No seu caso, que reside na cidade da Coruña onde exerceu no Chuac, comentou que non ve "practicamente ninguén pola rúa" e na compra a xente garda as distancias "ben".

Sobre a soidade de estar illado nas vivendas, comentou que ela, que é dunha familia grande que se adoita reunir moito, estes días dá "o parte por Whatsapp" cada mañá e procuran apoiase "uns a outros" desde a distancia.

Hospita. EUROPA PRESS - Arquivo
Hospita. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta