A Xunta pídelle aos condutores de ambulancia que non usen traxes de protección

Manda unha circular na que pide que un dos dous técnicos non entre en contacto con enfermos de coronavirus para “optimizar” o uso de traxes de protección que recoñece que "son escasos en estos momentos". O 061 di que tratan de "minimizar" o risco dos técnicos das ambulancias.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 17/03/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O 061 remitiulle unha circular empresa aos traballadores das ambulancias nas que especifica o protocolo de actuación en caso de infección. Un protocolo que está a causar sorpresa e indignación entre os traballadores porque pídelle os técnicos condutores que non baixen do vehículo baixo ningunha circunstancia para non usar traxes de protección.

Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias
Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias | Fonte: @miguelnuñez

Así, nesta instrución, a Xunta pide que para o traslado de casos sospeitosos do COVID 19 se utilice unha ambulancia asistencial de soporte vital básico. E, especifica claramente que o técnico condutor “evitará la interacción con el paciente siempre que la situació particular lo permita, permaneciendo en la cabina de conducción durante todo el servicio sin que exista comunicación abierta hacia la cabina asistencial”.

O 061 entende que, con esta meda, evitaranse “exposicións innecesarias” do persoal de ambulancias e, ademais, se “optimizará” o consumo de equipos de protección individual que recoñece que “son escasos en estes momentos” xa que, deste xeito, o condutor “no usará dicho equipo en la situación referida”. Con todo, a orde indica que, no caso que un só técnico non sexa quen de resolver unha incidencia, tamén o técnico condutor terá que utilizar equipo de protección.

061

Pola súa banda, desdeo 061 remitiron un comunicado a este medio no que aclaran que todas as instrucións e comunicacións realizadas ás empresas concesionarias do servizo de transporte sanitario urxente "realízanse cun dobre obxectivo".  "Por unha banda, tratan de minimizar o risco de exposición dos técnicos en emerxencias sanitarias naqueles casos nos que a situación particular o permite e, por outra banda, optimizar o uso dos equipos de protección individual para evitar posibles contaxios polo virus do coronavirus nunha situación extraordinaria de alerta sanitaria", indica esta nota.

CRÍTICAS

A medida está causando polémica entre os traballadores que acusan á Xunta de xogar coa saúde de enfermos e traballadores. Ademais recoñecen a escaseza de equipos de protección individual (EPI). Uns equipos que constan de uniforme, casco, guantes, máscara, gafas de protección e elementos complementarios como as batas desbotables, que son necesarias en casos como o coronavirus.


Nunha ambulancia de soporte vital básico van sempre dous técnicos, un condutor e outro asistencial. Esta medida implicaría tamén un illamento entre os dous, xa que un se está en contacto con enfermos non podería manter relación co seu compañeiro, agás polo interfono do propio vehículo. Con todo, traballadores consultados recoñecen que as direccións das súas empresas (o servizo de ambulancia depende de compañías privadas) xa lles recomendaron que utilicen os dous traxes de protección.

O que si temen é que haxa falta de suministros destes equipos, porque “se hai xa faltan nos hospitais a ver que fan con nós que dependemos de empresas privadas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Colonavilus

Que vergüenza.. lo peor de todo es que todo vale con tal de llenarle los bolsillos a los empresarios de ambulancias. Causa risa ver las medidas del gobierno y llegar a tu trabajo y que te obliguen a llevar a 7 pacientes, incluso algunos en el habitáculo de conducción... lo peor de todo que a ningun responsable le importa y tú exponiéndote a contagiarte o exponiendo a los pacientes porque él empresario de 47 ambulancias contratadas para uso público solo trabajan 17... en vez de contención somos propagación pero a nadie le importa.... Esto sucede por dejar el transporte sanitario en manos de empresarios mercenarios que se lucran a costa de poner en peligro a los trabajadores y a los enfermos. Gracias Sr. Políticos....

1 Gamela

Por que non paras a ambulancia diante dunha Patrulla do Exército ou da Policía e pídeslle que levanten un atestado !!!

2 Colonavilus

Fuí a denunciarlo a Jefatura de la policía nacional a lo que se rieron de mí, me dijeron que tenían cosas más importantes y que estando en estado de alarma no me cogían la denuncia... Después por la tarde se me acercan los señores agentes de la CPN que me dejan desprotegido ante esta situación, no solo a mí sino a todos los pacientes que traslado, y de colegueo me piden si les puedo dar desinfectante de manos porque carecen de él en el cuartel... Que triste!!! A pastar

3 Gamela

Se tes a hora exacta na que fuches á Comisaría de Policía... podes dar unha volta polo Xulgado de Garda e poñer a DENUNCIA ! Se queren poden requirir os datos do policía que non quixo facer caso... Pero antes averigua se o Xulgado de Garda ten aberta algunha aplicación ou tamén están teletraballando para non perder o tempo... ! Eu penso que situacións como esta en Estado de Alarma son GRAVÍSIMAS !!!

3 Ppodrea

Cantos traxes de protección se poden comprar con os dous millóns de € que o Freijoles deu a prensa amiga ??

2 caxancran

Non vexo que os señores politicos se baixen o soldo a metade pra darem exemplo de sacrificio.eles ao seu.vainos votar a sua putisima nai. A todos.

1 caxancran

E porque o noso benquerido lider non da exemplo e se suicida tirandose do seu pisito de Vigo? Por por un exemplo. Pide que se suiciden os curritos.