Os servizos sociais teñen unha "falta xeneralizada" de equipos de protección segundo a Xunta

Política Social tamén expresou a súa preocupación ante a posibilidade de que os efectos do coronavius e da situación de alarma leven a algunhas familias con maiores en residencias a non poder abonalas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2020 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social admitiu este martes que, no ámbito dos Servizos Sociais, está a detectarse "unha falta xeneralizada" de equipos de protección individual contra o contaxio por coronavirus, tanto en atención a domicilio como nas residencias.

En resposta a Europa Press, fontes da consellería lembraron que a subministración de equipos de protección individual "está centralizado" polo Goberno do Estado. O vicepresidente Pablo Iglesias convocou esta tarde ás comunidades a unha videoconferencia na que a Xunta confía que se "de resposta a esta situación".

Do mesmo xeito, Política Social tamén expresou a súa preocupación ante a posibilidade de que os efectos do coronavius e da situación de alarma leven a algunhas familias con maiores en residencias a non poder abonalas.

Aínda que "agora mesmo a prioridade é a contención do contaxio", a consellería admitiu que se trata de algo que está encima da mesa e que "se vai a dar en todas as comunidades autónomas", polo que esperan que o Goberno "coordine" unha resposta.

Finalmente, Política Social confirmou que se están dando "algúns casos" nos que familiares pediron sacar aos seus maiores de residencias para que pasen estes días con eles. Nestes casos, lembraron, a esixencia é que permanezan cos seus maiores durante o período que dure a emerxencia sanitaria e que se eviten "entradas e saídas" dos centros residenciais para diminuír o risco de contaxio.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Julia López López

Como podo atender os usuarios da residencia (media de edade 80 anos) cando lles de a comida, asee, de medicación, unha aperta... para NON contaxialos NIN eles a min?.NON VAI SER FÁCIL, pero ahí estarei (como todas as compañeiras) facendo o millor que sepa e poda. ELES o fixeron ANTES POR NOS

4 Violeta 4

Recordemos que asociaciones presuntamente defensoras de la Sanidad Pública rechazaron las donaciones de Amancio Ortega.

3 Ppodre

Primeiro privatizan, despois choran. Ppodre.

2 caxancran

pero pra Xacobeo e propaganda e pagarlle aos panfletos mediaticos afin ao reximen si teñen cartos.

1 Picheleiro

A culpa será do Goberno da Xunta