Propietarios forestais recibirán formación de Ence en xestión sustentable e economía circular

O proxecto recolle a creación dun Punto de Asesoramento Forestal Ence, un gabinete permanente de atención ao propietario forestal, ao que se lle dará asesoramento técnico en xestión forestal sustentable e certificación de masas arbóreas.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/03/2020 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Ence apoiará, dentro da súa convocatoria 2019 do Plan Social Pontevedra, o I edición do Proxecto da Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) dedicado á formación de propietarios forestais en xestión sustentable e economía circular.

Ademais das diferentes actividades formativas, o proxecto recolle a creación dun Punto de Asesoramento Forestal Ence, un gabinete permanente de atención ao propietario forestal, ao que se lle dará asesoramento técnico en xestión forestal sustentable e certificación de masas arbóreas.

Todas estas iniciativas de realizarán ata o mes de outubro, co obxectivo de chegar a máis de 6.000 propietarios e impactando de forma positiva en 22.000 hectáreas de monte, aproximadamente.

A Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA) é unha entidade sen ánimo de lucro, que actualmente agrupa a máis de 9.000 propietarios forestais, comunidades de Montes Veciñais, industriais da madeira, técnicos e outros membros vinculados coa actividade e xestión forestal.

Imaxe da fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe da fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta