Nova protesta de StopDesahucios Compostela

Membros desta plataforma concentráronse diante dunha entidade do BBVA para amosar o seu apoio a unha familia desafiuzada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2012 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O BBVA está detrás dun novo desafiuzamento dunha familia compostelana. StopDesahucios Compostela púxose en contacto a pasada semana con este banco para tentar deter este proceso, pero ata o momento non tiveron resposta da entidade.

Protesta de StopDesahucios Compostela
Protesta de StopDesahucios Compostela | Fonte: Rubén Cela

Por iso, un grupo de activistas concentrouse este martes diante da sucursal que este banco ten no barrio de Conxo, en Santiago, para intentar a paralización deste desafiuzamento. 

"Botalos á rúa"

"Unha vez máis os bancos non están pola labor de negociar coas persoas e familias e prefiren botalas á rúa deixándolles a débeda de por vida", sinalan desde esta platafomra

"É absolutamente inmoral que se sigan rescatando bancos e non persoas. Dación en pago e alugueiro social para estes casos XA! É de xustiza", asegura Rubén Cela, líder do BNG en Compostela, que tamén acudiu á concentración.

Mobilizacións

 

Nos últimos días producironse varias mobilizacións sociais en contra dos desafiuzamentos tal e como contamos no GC. O pasado venres, un grupo de persoas conseguía parar o desaloxo dunha familia en Ferrol e este luns en Vigo varios afectados polos desafiuzamentos conseguiron paralizar o pleno municipal e increparon aos concelleiros vigueses xunto con varios traballadores despedidos do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (IMD).

 

Tres veces máis

En Galicia producíronse máis de 3.000 desafiuzamentos no que vai de ano, o triplo que no mesmo período de 2011. As provincias máis afectadas durante o primeiro semestre do ano son Pontevedra (1.257 desafiuzamentos) e A Coruña (1.168), seguidas de Lugo (326) e Ourense (286).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Delia

Nesa concentración tamén amosou a súa solidariedade o BNG, ademais de presentar dúas mocións no Concello de Santiago en outubro de 2011 e en febreiro de 2012, ambas rexeitadas polo PP.

1 José P. Martínez

A maioría de galegos votaron aos defensores da banca, o PP, ou quedaron na casa.