Santiago terá cincuenta efectivos da UME facendo tarefas de desinfección este mércores

A UME despregará en Santiago á sección de intervención 511 con base en León. En concreto son 48 persoas e quince vehículos os que realizarán tarefas de desinfección de exteriores.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/03/2020 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) proseguirá durante a xornada deste mércores coas súas tarefas de desinfección en Galicia, de forma que o centenar de efectivos despregados nesta comunidade levarán a cabo os labores nas cidades de Vigo e Santiago, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.

Tras as correspondentes reunións mantidas coas subdelegadas do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e de Pontevedra, Maica Larriba; nos seus respectivos centros de coordinación operativa, determinouse os lugares de actuación, de acordo tamén cos alcaldes das dúas cidades. Os puntos de actuación son os de maior concentración de persoas, en especial de colectivos de risco

Así, en Santiago está previsto que o operativo se inicie xa desde as 10,00 horas, comezando pola estación de autobuses, para logo acometer os traballos de desinfección en estación do tren, dársena Xoán XXIII, Hospital Universitario, Hospital Provincial e Centro de Acollida de Peregrinos do Monte do Gozo.

Tamén o fará na Cociña Económica, así como na contorna de determinados establecementos de alimentación, ademais da comisaría de Policía Nacional e Correos, entre outros lugares. Está previsto que o operativo conclúa sobre as 17,00 horas.

DESPREGAMENTO DE EFECTIVOS

A UME despregará en Santiago á sección de intervención 511 con base en León. En concreto son 48 persoas e quince vehículos os que realizarán tarefas de desinfección de exteriores.

Esta sección actuou o martes na cidade da Coruña, en concreto na contorna do Chuac, estación de San Cristóbal, estación de autobuses, comisaría de Policía Nacional e comandancia de Garda Civil, Urxencias da Casa do Mar e Hospital Abente e Lago.

Militares despregados polo coronavirus. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Militares despregados polo coronavirus. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

DESPREGAMENTO DA BRILAT

A Brilat, co propósito de apoiar a acción do Estado e en apoio á poboación na loita contra a pandemia producida polo virus Covif-19, en estreita colaboración co resto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Organismos Institucionais e Administracións Públicas despregará Unidades nas localidades de Pontevedra, Ourense, Oviedo e Xixón.

Segundo informou a Brilat nun comunciado, esta actividade realízase no marco da 'Operación Balmis' que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a propagación do virus.

As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades co obxectivo de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade".

Todo iso, destacaron as mesmas fontes, "para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alerta nas zonas de especial risco para o contaxio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta