A xunta electoral avisa de que haberá que "repetir íntegro o proceso" para reactivar os comicios galegos

Avala a suspensión do proceso electoral, como pactaron as principais forzas políticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A xunta electoral avalou a suspensión do proceso electoral, como pactaron as principais forzas políticas, e sinala que a decisión de que non se celebren pode ser adoptada polo presidente da Xunta á vista do estado de emerxencia sanitaria declarada.

Votación
Votación | Fonte: Europa Press

De feito, o decreto está previsto que se aprobe polo Consello de Xunta este mércores, que esperaba o visto e prace do árbitro electoral sobre o documento acordado cos partidos políticos.

Ademais, a xunta electoral entende que debe procederse, con posterioridade á "repetición íntegra do proceso" electoral, como o que "mellor se axusta para que a futura votación se poida realizar en liberdade de concorrencia, votación e execución sen solución de continuidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta