A Xunta mobiliza aos brigadistas de loita contra a lume para labores de control do coronavirus no rural

Os concellos poderán ampliar os seus persoais da Policía Local con 120 auxiliares da lista de contratación da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2020 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O persoal do servizo de extinción de incendios forestais colaborará nas tarefas contención do coronavirus a través de labores de vixilancia en zonas rurais, camiños e pistas co obxectivo de que se respecte o confinamento.

Tamén exercerán funcións de asistencia a persoas que viven en lugares de difícil acceso para achegarlles víveres e material sanitario, ademais de colaborar na desinfección de áreas, segundo fontes da Consellería de Medio Rural consultadas por Europa Press, que aclaran que este persoal non terá capacidade para sancionar ás persoas que sexan descubertas incumprindo as medidas de confinamento da poboación.

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa telemática tras a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que acordou o incremento dos efectivos que exercen os labores de contención e asistencia ante a crise do coronavirus.

Feijóo apuntou que, aínda que a tarefa primordial dos efectivos de extinción de incendios forestais é a loita contra o lume, tamén poderán colaborar coas funcións de contención do COVID-19, especialmente nas áreas rurais.

POLICÍA LOCAL

Por outra banda, tamén se deu luz verde a que os concellos poidan reforzar os seus persoais de Policía Local con 120 auxiliares da lista de contratación froito da convocatoria unificada que, desde hai dous anos, centraliza a Xunta e á que poden acollerse os municipios que decidan delegar estas preubas de acceso aos corpos municipais de policía.

Brigadistas de ATBRIF
Brigadistas de ATBRIF

ARMADORES PIDEN AXUDA

A Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (Arvi) reclamou ás administracións a adopción de medidas que faciliten o mantemento da actividade pesqueira para garantir o abastecemento á poboación.

Mediante un comunicado, a cooperativa de armadores advertiu da posibilidade que as medidas de restrición de circulación establecidas a nivel nacional e comunitario, así como noutros países nos que operan as súas frotas, afecten ao desempeño do seu labor.

En concreto, asegurou que a caída de prezos derivada do peche da hostalaría e as dificultades para distribuír subministracións representan as principais "preocupacións" das asociacións da cooperativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bernardo

Pero: O aire puro non é bo? Hai aglomeración de persoas nas nosas aldeas? Os brigadistas teñen formación sanitaria e policial? Eles estan protexidos?