(Vídeos) Galicia sae aos balcóns e fiestras nunha gran cacerolada contra o rei

Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Tui, Monforte, Betanzos.. Foron numerosos os concellos onde se escoitaron cazos en contra de Felipe VI.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/03/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

As cidades e moitos concellos galegos saíron aos balcóns e fiestras para amosar o seu desacordo coa monarquía nunha convocatoria que se difundiu a través das redes sociais e que comezou ás 21,00 horas, xusto cando en todas as televisións tiña lugar o discurso do Rei Felipe VI.

Cacerolada en contra da monarquía e do rei Felipe VI
Cacerolada en contra da monarquía e do rei Felipe VI | Fonte: @miguelnuñez

A convocatoria foi apoiada por partidos de esquerda, entre eles Unidas Podemos, pero tamén por partidos soberanistas de todo o Estado, entre eles, BNG ou Anova. "Para mostrar a nosa impugnación ao réxime. Axitemos as potas para expresar a urxencia de dicir adeus á monarquía e construír as repúblicas dos pobos", era o lema que se difundiu durante todo o día de hoxe.

Estas son os vídeos do momento:

EN VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta