Que pasa coa custodia compartida durante o estado de alerta?

Pais e nais non sabía que facer durante este período. O TSXG acaba de pronunciarse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determina que o réxime de visitas de menores mantén a mesma vixencia que tiña durante o estado de alarma establecido polo Real Decreto Lei do Goberno e que entrou en vigor o luns. Con todo, fai recomendacións como partir o tempo como se fora vacacional.

Así o confirmou esta institución este mércores, a través dun comunicado no que explica que o xuíz decano de Ourense, Leonardo Álvarez Pérez, ratificou que "todas as resolucións ditadas polo Xulgado de Familia" mantén a súa vixencia tamén en estado de alarma.

No entanto, existe a posibilidade de suspender as ditas sentenzas se se dá "unha situación de contaxio ou de natureza análoga" que faga "difícil ou imposible" cumprir co establecido por un maxistrado.

Ademais, en caso do réxime de visitas que afecta a pais con custodias compartidas, non se poderán "facer efectivas no punto de encontro", así como "as entregas e recollidas que deban realizarse no mesmo lugar", xa que os centros determinados para ese fin atópanse pechados.

Neste sentido, a Asociación Galega de Pais e Nais Separados trasladou que "o peche de colexios, puntos de encontro ou calquera outro sitio onde deban realizarse os intercambios non debe impedir" o propio intercambio. Apuntan a "substituílos" por outros lugares como os domicilios, a comisaría, porta do xulgado de garda, posto da garda civil ou un centro comercial aberto ao público. Desta maneira apelan a "respectar as sentenzas" e lembran que o Real Decreto contempla a mobilidade para o coidado de maiores, dependentes ou menores, polo que non se estaría incumprindo a orde do estado de alarma.

A asociación propón que, para liquidar esta situación temporal, se estude a posibilidade de "considerar este tempo como equivalente a un período vacacional" que se reparta por quincenas para así "limitar as saídas do fogar".

Por outra banda, o escrito do TSXG si que apunta a que as resolucións ditadas polo Xulgado de Instrución número 3, que inclúan calquera mención a un réxime de visitas onde haxa un proxenitor que non teña a custodia, si que quedan "sen efecto" mentres dure o estado de alarma. No caso das custodias compartidas terán que facerse efectivas as resolucións ditadas.

Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta