Josito Porto presenta as súas 'Laretadas' esta fin de semana en Cambados e Gondomar

O actor e músico arousano actuará co seu monólogo o sábado no auditorio Lois Tobío de Gondomar e o domingo no Auditorio da Xuventude de Cambados. Ademais de participar en máis de 30 montaxes teatrais, series e filmes, Josito Porto tamén está a presentar un novo como cantautor, Factoría de Subsistencia

Por GC Tendencias | Cambados e Gondomar | 31/10/2012 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

"Laretadas", así se titula o espectáculo de humor do actor e músico Josito Porto; un monólogo, unha colección de contos sobre Galicia e a galeguidade que presentará esta fin de semana por terras pontevedresas: o sábado 3 de novembro Josito Porto e as súas 'Laretadas' estarán no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, a partir das dez da noite, e por unha entrada de 3,50€. O domingo 4 de novembro o monólogo será en Cambados, no Auditorio da Xuventude, ás 19:00. Nos dous casos o espectáculo está incluído no circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios, cofinanciado pola AGADIC.

Josito Porto
Josito Porto

Actor e músico veterano

Josito Porto é xa un veterano na escena cultural galega, na que participa en varios campos de traballo, como o teatro, a televisión e a música. Como actor teatral, Josito Porto leva traballado en máis de 30 obras desde o ano 1991, en compañías como Teatro de Adro, Sarabela Teatro ou o Centro Dramático Galego, entre outras, e conta con dous premios María Casares (e varias nominacións) pola súa interpretación nas pezas Nano (1992, Teatro de Adro) e Sexismundo (2001, Sarabela Teatro). Na televisión ten participado en series da TVG como Efectos Secundarios, Mareas Vivas, Pratos Combinados (onde facía o papel de Tuto, o quiosqueiro) ou Escoba!, onde interpreta ao inocente camareiro Luís, serie que se emite na actualidade cun éxito de audiencia na televisión autonómica. No cinema, traballou en filmes como Ilegal, O lapis do carpinteiro ou Lena, entre outros.

Ademais destes traballos como actor, Josito Porto tamén se dedica á música desde hai anos, botando adiante diferentes proxectos como Korosi Dansas (grupo de 'rock de batea' que se podería adscribir á Xeración Xabarín), Magritte (banda pop-vrinciana con sons electrónicos) e Factoría de Subsitencia, o seu último proxecto, unha proposta de cantautor que está a presentar polas salas galegas.

www.facebook.com/jositoporto

http://vimeo.com/51742882

Josito Porto
Josito Porto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta