Os vídeos virais da corentena (II): dobraxes, parodias e cómicos dándoo todo

Outra quenda máis de vídeos para facer máis levadeiro este retiro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A nosa vida redúcese nestes días de confinamento, en gran medida, ás redes sociais. Nelas pasamos boa parte do noso tempo libre e delas xorden unha morea de iniciativas e brincadeiras que nos axudan a sobrelevar esta crise sanitaria sen precedentes con humor e retranca. Por se non estiveches atento aos contidos que andan a percorrer as redes, velaquí vai unha segunda entrega dos vídeos virais da corentena. Hai de todo e para todos os gustos! (E se aínda quedas con fame de máis, podes visitar esta primeira parte da sección onde recollemos outros tantos!).

X.A. Touriñán e David Perdomo nun directo de Instagram
X.A. Touriñán e David Perdomo nun directo de Instagram | Fonte: Instagram X. A. Touriñán

Comezamos esta viaxe virtual parando no Instagram dos cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo. Nestes días de corentena decidiron facer un directo diario ao redor das 23:00 horas da noite. Conversan entre eles, improvisan diferentes personaxes e interactuan cos seus seguidos, que non son poucos. Algúns dos directos chegan a superar os 4.000 espectadores. Todo un xeito de gozar de humor en galego e botar unhas cantas risas a golpe de click. Aquí vai un pequeno fragmento dun deses directos para abrir boca...

Conavirus ou coronavirus? Cortesía da conta de Instagram @cousasdegabri vai esta pequena dobraxe dunha peculiar escena médica. Se che soubo a pouco, entra no perfil, que anda preparando unha morea delas!

Afiando o machado. Foron moitos os artistas que decidiron aproveitar a súa proxección para concienciar o seu público da necesidade de gardar corentena e de facer caso das medidas de prevención decretadas baixo o estado de alarma. Un dos máis orixinais nas formas foi o artista, cantante e compositor asturiano Rodrigo Cuevas, que tirou de machado e afiador para advertir a todos os seus seguidores de que hai que quedar na casa. Cousas que facer, nunca sobran... Escoiten!

Sen descanso! Non marchamos de Asturias porque o cómico Joaquí Pajarón, natural desas terras do norte, tamén anda deixando os seus pensamentos ao redor do coronavirus en pequenos vídeos que non fan máis que cumular visitas. Neste que poñemos como exemplo critica con humor tanta actividade que anda a desenvolverse dende as redes sociais e dende os balcóns nestes primeiros días de confinamento.

Parodiando o "I want to break free", de Queen. O encargado destoutro vídeo viral foi o chamado Tío Jel, un músico e humorista portugués que versionou dende a súa casa esta mitiquísima canción. Leva máis de dous millóns de reproducións... Debe enganchar!

Un Día do Pai particular. Este xoves foi o Día do Pai e as brincadeiras ao redor dos regalos neste contexto tan excepcional non se fixeron esperar. O papel hixiénico, como non, anda polo medio...

@donlisardo

Feliz día del padre !! ##donlisardo ##díadelpadre ##humor ##comedia ##cuarentena ##netflix ##hbo ##amazonprime ##movistar ##quedateencasa ##tiktok

♬ sonido original - donlisardo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta