O Sergas realizou máis de 3.370 probas para detectar positivos de coronavirus en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizou máis de 3.370 probas para detectar positivos co coronavirus Covid-19 desde o inicio da crise sanitaria na que faleceron sete persoas en Galicia ata a data.

Test rápido de detección do coronavirus
Test rápido de detección do coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, ata o mediodía deste venres realizáronse 3.376 test por coronavirus en Galicia.

O número de casos de coronavirus sitúanse en 567. Ademais, rexistráronse cinco altas e sete persoas faleceron co virus.

Dos 567 casos positivos detectados ata a data en Galicia, 152 corresponden á área da Coruña; 46 á de Lugo; 63 á de Ourense; 83 á de Pontevedra; 108 á de Vigo; 94 á de Santiago e 21 á de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta