Sanitarios galegos participan nun proxecto para preparar aos hospitais europeos en caso de pandemias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) participan no proxecto europeo 'Prepare', que investiga como preparar aos hospitais do continente para afrontar pandemias como o coronavirus.

A Fundación Ramón Domínguez, que traballa no CHUS, é a encargada de levar a cabo os labores que coordina a Plataforma de Preparación Europea Contra Epidemias (Re)Emerxentes ('Prepare', polas súas siglas en inglés).

Esta Plataforma coordina os esforzos de diferentes institucións europeas para proporcionar "unha ampla rede de socios" que consiga "preparar os centros hospitalarios" ante "emerxencias como a actual", que excede as fronteiras sanitarias e que impacta sobre a "infraestrutura e a integridade" da Unión Europea, segundo expón a propia entidade.

A colaboración dáse entre organizacións europeas como a Sociedade Europea de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas (ESCMID), oficinas rexionais da Organización Mundial da Saúde, a Universidade de Australia do Oeste, o Instituto Pasteur, a Universidade de Oxford e de Cardiff entre outras moitas institucións internacionais.

Todas elas traballan baixo a premisa de tecer unha rede "coordinada" para xerar unha "rápida resposta ante novas ameazas". Este proxecto establece catro modalidades de actuación e o coronavirus atópase na modalidade que require unha maior intervención.

A intervención que require a epidemia de COVID-19 encádrase na modalidade de "resposta", a terceira e última que establece este protocolo en vías de desenvolvemento que leva traballando desde 2014 e prevé finalizar en 2021.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta