A Xunta deixará abrir aloxamentos turísticos que acollan a traballadores de sectores de primeira necesidade

O Goberno galego apraza desde abril o cobro de alugueres en vivendas e locais que sexan de titularidade autonómica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Xunta decidiu este sábado que poderán abrir aqueles aloxamentos turísticos que sexan necesarios para acoller aos traballadores de operadores de servizos de primeira necesidade, así como de empresas e provedores que aseguren o abastecemento.

Así se acordou este sábado durante a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) celebrado en Santiago coa participación do vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e outros representantes da Administración autonómica e da Delegación do Goberno.

Tras o prazo dunha semana dado polo Estado para que pechen todos os hoteis e outros establecementos do sector, o Cecop aprobou facilitar o aloxamento provisional aos turistas en tránsito que non poidan regresar aos seus lugares de orixe que se vexan afectados por esta medida.

Ademais, propiciarase a apertura de establecementos, "en coordinación cos servizos sociais dos concellos", para acoller a aqueles colectivos que presenten unha "especial vulnerabilidade social". Entre eles, explica a Xunta, atópanse as persoas sen fogar, as vítimas de violencia de xénero e as que sufran exclusión social.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Fegamp,Alberto Varela, xunto a outras autoridades no Centro de Coordinación Operativa (Cecop) do estado de emerxencia sanitaria.. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Fegamp,Alberto Varela, xunto a outras autoridades no Centro de Coordinación Operativa (Cecop) do estado de emerxencia sanitaria.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Por outra banda, a Xunta decidiu aprazar desde abril, "e mentres se manteña o estado de alarma", o cobro do aluguer a aquelas vivendas de promocion pública e locais que sexan de titularidade autonómica --concretamente do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta