Bulo en Ourense: non se prohibiu o uso de máscaras aos sanitarios en Ourense

O Complexo Hospitalario de Ourense desminte unha información que circulaba polas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/03/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Nas últimas horas desmentiuse o bulo que circulaba polas redes sociais que apuntaba que o "Centro Hospitalario de Ourense" prohibiu " o uso das máscaras aos sanitarios”. O tuit incluía a captura dun documento onde supostamente se daban esas instrucións.

Bulo sobre o uso de máscaras no hospital de Ourense
Bulo sobre o uso de máscaras no hospital de Ourense | Fonte: maldita.es

Con todo, e segundo confirma maldita.es, web especializada en desmintir bulos, en ningún punto do documento aparece dita frase. O que indica a circular é que "non se utilizará ningún tipo de máscara en actividades e lugares que non impliquen un contacto directo con pacientes".

Desde o Complexo Hospitalario de Ourense aseguran que aqueles que si teñen contacto con pacientes con síntomas e que leven a cabo distintos tipos de procedementos si poden facer uso das máscaras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta