Os casos crecen diariamente en Galicia un 20% e xa se aproximan ao milleiro

Rexistra 884 contagios, 163 máis que o sábado, 15 mortes e 16 pacientes dados de alta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 884 casos positivos de coronavirus, 163 infectados máis que os contabilizados a pasada xornada de sábado pola Consellería de Sanidade. Ademais desta cifra, as autoridades sanitarias confirman 16 persoas que foron dadas de alta, 10 delas nas últimas 24 horas. A outra cara da moeda mostra os 15 falecementos de persoas que padecían coronavirus na Comunidade.

Por áreas sanitarias, a da Coruña segue sendo a máis afectada, con 226 infectados; Vigo con 212; Pontevedra con 136; Santiago con 129; Ourense con 95; Lugo con 58 e Ferrol con 28 casos en activo.

Segundo o réxime de asistencia sanitaria que están a recibir os pacientes, o Sergas confirmou que 33 deles permanecen ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que 226 atópanse en unidades de hospitalización e os 625 restantes, a maior parte deles, están nos seus domicilios.

Por outra banda, a Consellería de Sanidade informou de que ata a data realizáronse 5.052 probas diagnósticas en Galicia, o que significa que nas últimas 24 horas leváronse a cabo 915 PCR para detectar ou descartar novos casos de coronovirus.

VÍTIMAS MORTAIS

En canto ao balance de vítimas mortais, a última foi unha muller 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que faleceu esta mañá de domingo e que permanecía nunha unidade de hospitalización convencional illada.

Con ela son dous as persoas falecidas nesta xornada. A outra é unha muller de 77 anos que estaba hospitalizada no Juan Cardona de Ferrol e que se rexistra como o primeiro caso de morte na área Sanitaria de Ferrol.

Quirófano dun hospital
Quirófano dun hospital

Sanidade apelou á cidadanía a empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta