Peor día de mortes en Galicia, xa son cinco

Morre outra muller en Ferrol de 90 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

Unha muller de 92 anos faleceu esta tarde de domingo en Ferrol e con ela xa son 18 as vítimas en Galicia. Esta muller estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), presentaba patoloxías previas e tras facerlle a PCR (proba para diagnosticar o coronavirus) o resultado foi positivo.

Durante esta xornada tamén faleceron outras catro persoas en diferentes puntos do territorio galego, todas padecían patoloxías previas e superaban os 70 anos. Ao comezo do día, unha muller de 77 anos falecía no Hospital Juan Cardona, tamén situado na cidade ferrolá. Era a primeira morte dun paciente con coronavirus na área Sanitaria de Ferrol.

Con todo, a esta hora da tarde xa son dúas as vítimas mortais que se rexistran nesta zona, que ten 28 casos activos, segundo os últimos datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

As outras tres persoas que faleceron durante este domingo son unha muller de 90 anos que estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), un home de 72 anos que se atopaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller de 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PECHADE MADRID

a foto esta mal... e a foto da parte da área cirurxica non do edificio novo!!!! e por certo saben si o medico de Santiago de Compostela ex alcalde se presentou xa como voluntario a un hospital ou algo... ou temos que facer un-ha petición no change.org para que se de conta do que pasa...