Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

39 wetter

Home co aluado do beirras podense esperar calisquer barbaridade o home ese e un desgraciado que facilitou o poder o ppeperolo e despois anda criticando o ppeperolo. vive do teatro do absurdo en plan mirando atras con ira e cousas asi. bieiras e ppeperolo tal para cual!

1 Esquizofrenia

A culpa de todo tena Yoko Ono!!

2 PorBeiras

Wetter, non te despistes, se non se presenta Age nestas eleccións, o PP tal vez chegase aos 45 ou mais, pois Age non lle quitou votos ao BNG, se non que el os perdeu soziño, non lle fixo falta axuda. E Beiras estivo ao lado do Bng desde fai catro anon avisando de que o rumbo que levaba o BNG era o errado, pero a UPG seguía nas suas 13 e preferiu que nos marcharamos todos e quedar eles sós. E asin están sós e polo camiño errado. Non foi Beiras que lle deu a maioría ao PP se non a cabazoneria de Pachi e da UPG. Beiras o que conseguiu foi que a maioria do PP fose menor e ilusionar moita xente q non ía votar porque estaben fartos.

3 o ranholas

Algúns esquecen ou descoñecen a historia, con Beiras o BNG tocou teito, certo, pero tamén tivo a segunda maior baixada nos mais de 60mil votos do 97 ao 2001, e desde enton non fixo mais que castigar ao propio BNG, ou non lembrades a manifa de Galiza non se vende do 2009. Agora o que fixo foi afondar unha vez mais na súa cruzada, escollendo o aliado que maior dano lle podía infrinxir ao BNG electoralmente e ideolóxicamente, on non? agora vai ser que o lamentable espectaculo de excisións de todo este ano no afectaron electoralmente, o BNG baixou el soiño, xa! por eso o PP e os seus voceiros se pasaron a campaña lembrando os lios da casa do BNG, so por perder o tempo, si.... Facedevos ver iso, anda, e a ver se empezamos a ver en algun sitio propostas e non so violéncia verbal...

38 shishimaru

Isto é información ou outro infomercial de Xurimaru sobre AGE? Non creo co carto de Cayo Lara chegue para tanto pero estaría ben que o especifiquedes.

37 galegotenerife

Ala neniños! non vos achegedes a AGE que falan mal..... tomade estes cartiños e ide mercar lambetadas. non o gastedes todo e que vos dure. Arre demo, i este e o presidente de todolos galegos? APROBEITEMOS A SEMAN DO SHAMAIN E PIDAMOS A BASILIO ALVAREZ QUE LLE DEA UNHA ARENGA DAS SUAS, un par de noites sen durmir viñalle ben.

1 jalogüei altermundista

E que non todos temos un padriño como tivo Yolanda Diaz en Santiago Carrillo, ou ser fillo do burgués galeguista. É o malo de ser fillo de obreiro.

2 galegotenerife

bon! nos cans o mellor pedigriii so serbe pra cair doente...

36 AlbertoConchaMiño

Os que votan ao PP son VACAS AMAESTRADAS, e os que non votan son colaboradores necesarios. Eu non son nin unha vaca do rebaño do pp nin colaborador coa ruina dos galegos a base dun expólio continuado, e síntome enormemente orgulloso de non ir pola vida agochado coma moitos parvos.

1 Falando de realidades

Pois os syrizos coa sua versión reanimator da socialdemocracia altermundista non deixa de ser unha versión do conto do frautista de Hammelin, para espiritus simplistas.

2 anonimo

O Martiño das OPAS as actas está a privatizar todolos servizos públicos do seu concello. O Lopez Rico de Marinedas citys está a dar o ran salto ao expolio da RTVG. Non sei de que patrimonio de expolios falas?

3 Fóra do país dos ananos

Todo isto vai acabar moi mal...A ver quen asalta primeiro a Quintana o próximo 25 de xullo, aquilo vai estar do máis animado!...Nada, nada, que vaian os chineses coas latas de Fanta e as cervexas, porque sempre foron moi emprendedores e poden sacar unha boa tallada. O turbocapitalismo é imparábel!

4 me pica

gañou o pp! allo e agua o mellor AGE de beirras

35 Xurxo Barreiro

Por qué os da UPG desprezan ao altermundismo? Por qué non lles presta o Foro Social Mundial?........Se cadra porque son unha secta e porque nos foros abertos os sinistros coroneis da UPG nos poden dar ordes nen repartir o mando?

1 Materialista

Home, o deste ano promocionado por Petrobás, Banco do Brasil ou Caixa non foron mais que os 4 turistas de ONGs, nin siqueira foron os do movemento sen terra, un dos seus primeiros impulsadores, descontentos coas promesas incumplidas do PT de reforma agraria . Estades mais desacreditados que as promesas de Rajoy. Sodes a versión pjo progre altermundista do foro de Davos. Do que se trata e parar a industrialización de países BRICs e do 3º mundo co rollo do ecoloGETAS e do cambio climatico.