Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

34 AlbertoConchaMiño

Me encanta AGE, por fin un partido facendo a oposición necesária, unha oposición dura, valente e chamando ás cousas polo seu nome. Hai que ser radical, si, radical na defensa dos nosos intereses e non esa oposición cariñosa e comprada do psoe... Ou defendemos os nosos intereses agora ou quedaremos na rúa, sen traballo, sen saúde, sen educación, sen casa e pode que ata con fame. Eu non sei os demáis, pero eu teño instinto de supervivencia e non que gustan nada as tomaduras de pelo do pp mentres nos están roubando, enchendo de cartos empresas de amiguiños, colexios do opus e demáis...

1 anonimo

hahahahaha grazas por facerme rir un bó anaco.

33 galegoexiliado

¿Que "Feijóo teme a oposición de AGE"?. Pois danselle uns carguiños (ben pagados) na Mesa ou en algún Consello e pasarán a formar parte de "la leal oposición" como hai tempo fan o resto de grupos, y haya paz que el pueblo traja todo lo que le hajamos.

32 kiti

(continuación) Os vosos xefes upegallos estaban contentos e puxeran a monicreque QUIN (hahahaha). E o outro, o Beiras, cada vez máis vello, foi radicalizándose. E veu a crise do sistema capitalista, e o 15M, e os da U estabades, seguiades, no dos anos 50: Partido, Partido, Partido.

1 Pregunto

Sabes en canto está o rercord Guiness de mais parvadas nun comentario?. Tamén sería interesante saber se un comentario dividido en partes val. Certas parvadas deberian valer varios puntos, tales coma Beiras veu a crise do capitalismo, ou facer referencia ao fracasado foro social mundial dos pijos progres de ONGs, patrocinado por Petrobás, Caixa e Banco do Brasil e ao que xa non vai nin o Tato. Tamén haberia que ter controis "anti doping" xa que certos comentarios están feitos baixo os efluvios dunha noite de farra.

31 kiti

a parte que menos me interesa de AGE é o seu discurso de meter caña no parlamento. é certo que me gusta a idea de que lle fagan pasar un mal rato a Feijoo pero non creo que estea aí a chave para que nos vaia mellor a todas. o que deben facer é outra cousa que tamén prometeron en campaña: ser sensibles e permeabeis aos movementos sociais, abrirse a eles. Que é precisamente o contrario do que teñen feito BNG e PSOE nos últimos 10 anos. Por outra banda unha cousa que lle debedes, upegallos, de recoñecer ao Beiras é o seu olfato político. Cando quedou fóra da primeira liña do partido que fixo... ir a Porto Alegre, achegarse á sociedade e participar da nova política que comezaba. Debo recoñecer que, coma vós, eu tamén pensei que era unha especie de retiro tranqui, unha xubilación anticipada.

30 Ana Bilubi

De que democracia fala este arrebatado..?, Non será a que establece o marco constitucional, a do dereito ao traballo, a unha vivenda digna, etc. , de ser así háselle dicir, que esa non sería unha ameaza só unha lexítima esixencia. Ao parecer por aí van os tiros de Beiras e Díaz , e toda acción nesa dirección máis que censurable sería plausible, por canto, a súa finalidade non sería outra que garantir o textualmente recollido na Carta Magna. Claro que outra fórmula é facer continuo caso omiso do seu contido pensando que para o seu cumprimento é suficiente con celebrar o protocolo do día 6 de decembro. Iso Sr. Feijóo, é un acto de cinismo, lembre que si se suxeita ao estrito cumprimento do seu implícito, AGE pouco ou nada terá que reprocharlle no Parlamento , pero cando existan razóns para a disputa, entón o único axitador será Vostede e o seu grupo político. Queda claro ou llo repito..?