Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

19 Quén teme a Virxinia Beiras?

Moito deben cheirarlles os pes aos syrizos.

1 Pedro Martín Juárez

O BNG upegá segue convecido que só eles son galegos de esquerdas. Peniña dan.

18 Hermerico

inadmisível é a violência física do seu braço armado

1 reti

De qué falas tío?

2 susuki guanate

vai por Narom vendendo participações da lotaria espanhola e ja vas ver como te enteras do que fala...

3 reti

Trabuqueime, desculpa, ós de Terra Galega?

17 galiza ceive

galiza ceive

16 reti

Estas sectas da esquerda sonche moi cainitas, eu dabaslle un un sacho e un fouciño para ir preparando a revolucion en masa. Trapalladas.

1 relenteira

Da masa humanda que vai quedar polo camiño...ha,ha,ha. A CNT frótase as máns.

2 reti

Non,é que haiche moita matogueira a eito e facía falla ir rozando, pero claro, os revolucionarios da cidade desto non entendedes,estades noutras batallas mair serias.

15 antiburras

Voy a hablar en español porque puede haber alguien de Grecia

1 Fóra do país dos ananos

Tha miliso stá íspanika, epidí ipárxoune éllines (Yolanda, a helenista)