Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

4 damero

Como os militantes, simpatizantes e dirixentes do BNG non cambien de estratexia acabarán disputándose o espazo con Nós-Up e AMI......a ver quen canta máis alto o himno ou o grandola no Tarasca. De 7 deputados a 2 hai un paso. Ollo.

3 Un de ANOVA

Home,Feijoo pasou 3anos e medio sen oposición digna de chamarse tal.O tipo viviu a corpo de rei e agora moléstalle que alguén poida falar alto e claro

2 DigoEu

"Feijóo teme a oposición de AGE", di o título. Claro, porque co BNG íalle de perlas... "Que bo sparring tiñamos", pensará o noso querido presidente.

1 Shin Chan

Qué medo! Beiras lanzando unha saca de vieiras tóxicas gourmet e Yolanda atacando baixo palio da confraría da perpetua penitencia (pepe) ferrolana.

1 Xanti

estabamos mellor co aymerich e a pontón, xa se viu cantos votos perdeu o bng... mi madriña que país.

2 A fregar

Que si Sin Chan que si. Que el BNG se va a hundir en el fango, porque tanto sus dirigentes como sus militantes les queda grande esta situacion historica. A fregar por ahi y a devolver esos 2 millones que le debeis al NCG

3 Shin Chan

Relaxádevos! Cómo está o patio! http://www.youtube.com/watch?v=pWGH...