Tres mozos cazados facendo grafitis nun vagón de tren en Ourense

Renfe avalía os danos en máis de 3.000 euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2020 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a tres mozos como presuntos autores dun delito de danos por facer grafitis nun vagón de tren de Renfe. Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar o pasado 8 de marzo cando se recibiu aviso de que tres mozovos, dos que testemuñas achegaron datos, acababan de facer varios grafitis nun vagón de tren de Renfe nos peiraos da estación de Empalme e emprenderon a huída a pé.

Policías da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá realizaron un dispositivo de procura pola zona e localizaron a este tres persoas coas características físicas achegadas, que, ante a presenza policial, comezaron a correr cara a rúa Mercado onde foron interceptadas polos axentes.

Cando ían proceder a baixarse do coche policial observaron como cada un deles portaba unha bolsa negra que tentaron esconder nos baixos dun vehículo estacionado. En concreto, fóronlles intervidos 23 botes de pintura en spray.

Os axentes tramitaron as actas-denuncia e informaron á autoridade xudicial. Pola súa banda, Renfe presentou denuncia o día 10 e achegou unha factura onde valoraba os danos en 3.055,56 euros.

Detidos catro novos cando realizaban grafitis en dous vagóns de tren esta. GARDA CIVIL
Detidos catro novos cando realizaban grafitis en dous vagóns de tren esta. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta