O TSXG di que non se pode substituír ao xuíz por un teléfono e que os xulgados teñen que abrir

Di que os xuíces teñen que cumprir coas quendas que lle tocan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou unha guía na que se recompila como debe funcionar a xustiza no marco do estado de alarma decretado para combater a ciris sanitaria do coronavirus. Segundo indica, foi aprobada para responder as preguntas máis frecuentes de xuíces e maxistrados.

Nela, remarca que os xulgados e tribunais "deberán permanecer abertos e dispor do persoal necesario para a atención dos servizos mínimos que lles están encomendados".

Así, ademais de repasar as distintas directrices e ordes oficiais, responde a unha serie de preguntas, por exemplo, se se pode pechar o xulgado e deixar unha nota para atención telefónica ou casos urxentes. Respecto diso, insiste en que as unidades xudiciais "deben permanecer abertas ao público para a práctica das actuacións urxentes e inaprazables".

"Non cabe substituír a presenza do xuíz por atención telefónica, estando á mera dispoñibilidade dos requirimentos de particulares. Baixo ningún concepto cabe o peche dun órgano xudicial que non fose acordado pola autoridade sanitaria ou polo TSXG", esgrime.

En canto a se se pode acordar unilateralmente o peche dun xulgado polo positivo de coronavirus dun funcionario, lémbrase que o acordo aprobado determina que "non se procederá ao peche de ningún órgano xudicial sexa cal for a súa natureza, salvo disposición da autoridade sanitaria competente".

Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO
Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO

PRESENZA DIARIA DO XUÍZ?

Sobre se é necesaria a presenza diaria do xuíz no xulgado ou tribunal, ratifica que "se require o estrito cumprimento do réxime de quendas establecidas no acordo do TSXG de data 15 de marzo de 2020, que impón a presenza física do xuíz ou maxistrado ao que lle corresponde o cumprimento da quenda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta