Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

22 DURO CON ELES

Man a man con Beiras dondolle cos zocos na cabeza, a ver si reventa, o "Fachisti", Nin un paso atrás.

21 Subidas de soldo

Eternamente Yolanda: "A proposta non vai dirixida ao BNG". Agora di "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva". Se o BNG recollese a luva a campaña da Voz tería sido en contra Yolanda e ti non serías deputada. Non veñas con inventos nin facéndote a amnesica que pareces O Beiras.

1 Shin Chan

Os do BNG tendes unha obsesión coa "Voz" que é para que volo fagades mirar.

20 A ira de Zeus

Como lle conte o community manager de O'Beiras iste titular a O'Beiras vaise enfadar con Procesiones.

1 cachamuíña

Procesiones: Lois Castrillo (UPG) ex alcalde de Vigo

19 Sarille

Beiras será o portavoz e Yolanda Díaz a viceportavoz: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Patriota galego

Agora a Voz que ven sendo? o novo Mundo Obrero dos syrizos? por certo, o goberno municipal de Ana Botella acaba de adicarlle unha rúa madrileña ao padriño de Yolanda polos favores prestados, a Dn. Santiago Carrillo marqués do eurocomunismo

2 Patriota galego

Agora a Voz que ven sendo? o novo Mundo Obrero dos syrizos? por certo, o goberno municipal de Ana Botella acaba de adicarlle unha rúa madrileña ao padriño de Yolanda polos favores prestados, a Dn. Santiago Carrillo marqués do eurocomunismo

3 Portavoz ausente

Beiras o mais probable e que non pase habitualmente polo parlamento como fixo na sua última lexislatura alí. Así podera xustificar a promesa irmandiña de cobrar so o dobre do SMI. Porque a vai cumprir non si?

18 O Pindo

Rayleigh, Saña, Costadamorte, menudos baballas sodes. Como vos proe a debacle da UPG. Pois veña a refregala nunha silveira. O 14 de novembro hai folga xeral convocada por tódolos sindicatos: EU VOU

1 Obreiro galego

E os sindicatos verticais españolistas de que ides desta xeira? de piketes informativos? ou de skirois rebenta folgas coma na última greva xeral en Galiza?. Coma traballador adoeceme ir cos sindicatos do réxime, os mesmos que asinaron no 2008 coa patronal o atentado mais brutal, gratuito e innecesario contra os traballadores (palavras textuais da propia USO que non presume de ser tan de esquerda nin de clase coma vós), sobre todo contra os traballadores mais fraxiles coma son os que sufren doenzas e accidentes laborais.

2 Rayleigh

Para nada meu!! Eu sigo traballando. O PP está moi contento tamén co resultado igual ca ti. Non é para menos!! Eles conseguen 41 deputados e a maior alternativa nacionalista consegue...7. E para alegrarse, non si? Ah..e non me saias con que AGE, 9. Deses 9, SÓ CATRO SON NACIONALISTAS. Que felicidade!! O PP conseguindo 41 deputados e outros presumindo de sacar CATRO. E parece que foi ó revés!! Ata LA VOZ aplaude os fantásticos resultados do nacionalismo galego. Aparte de que folga me falas? Galiza xa falou e está contentisima con que a xente marche do noso país e quedándose no paro. Para que folga? Despois do que pasou, ti cres que vou perder cartos? Para que? Para que Rajoy invite a marisco a Toxo e a Méndez? Ah...e fago o mesmo que a xente coma ti, pindo: Fago o que me da a gana. Logo se tal, xa falarei de unidade e desas cousas.

3 Shin Chan

Ray, dálle as grazas ao talibanato da UPG pola vitoria do PP. Seguide así, seguide así, gañando xente, "razonando" co pobo. Vós tendes de patriotas o que eu de monxe.

4 pinchorla

Sí a culpa é do Cha chá chá, que eu saiba é grazas aos marchosos democráticos.Si gaño quedo, si perdo voume,como os e as nen@s.

5 Rayleigh

Que si shin chan..que si. A culpa é do cha cha cha coma di pinchorla. Eu fago o que me peta como os marchosos. Espero con todas as miñas forzas ver esas pensións reducidas nun 30 % e esperaremos que cheguemos os 300 mil parados. Por suposto, aplicando a doutrina marchosa, que eu non sexa un deles!! Logo xa direi que hai que unirse..ou non. Espero que Yolandita vos dea ben por onde as costas perden o seu nome. E sen vaselina. Se eu fora Yolandita xa estaría tardando en pegarvos a patada no traseiro e quedándome con todo.