Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

7 un galego

impresentable, todo impresentable, tiñan razón estes da UPG, o de Beiras foi toda unha montaxe, agora que xa utilizaron a Beiras para "machacar" vilmente ao nacionalismo galego, agora utilizamos a Yolanda díaz de IU para facer oposición. Grazas Beiras, grazas por axudar a derrotar ao nacionalismo galego

1 Independentista

O nacionalismo galego é moito máis que o BNGUPG. Beiras é o pai do moderno nacionalismo galego. A Pontón ou o Lobeira nunca terían sido deputados sen o voto apañado por Beiras.Agora acabouselle o choio...

2 un galego

pero de que choio falas fenómeno, de que choio, a Pontón segue a ser deputada e o Lobeira vale máis que todos os da FPG e demáis independentistas xuntos, tí non te preocupes por el que ben saberá buscarse as "habichuelas", sempre coa mesma leria, sempre, que pena dades

3 Sra. de Fernández

Lobeira, que disque vai embarcar (cousa que non creo) ten unha cabeza similar á de Yolanda, i é tan indefendible como Beiras traballando, non pro domo sua, senón para IU como vemos nesta nova.

4 Sra. de Fernández

Lobeira, que disque vai embarcar (cousa que non creo) ten unha cabeza similar á de Yolanda, i é tan indefendible como Beiras traballando, non pro domo sua, senón para IU como vemos nesta nova.

6 Lenguda

Apoio a esta muller e rexeito (por repugnancia) ós que xa están a desexar que fracase, como os comentaristas de abaixo.

1 anti demagog@s

Claro, e ti que eres tan consecuente, desesxas que triunfe polo simple feito de ser muller. De nada val, que todo o bagaxe político de esta sra. está baseado nos seus padriños proceres do eurocomunismo e amigos dos pais.

5 José

Anda pola rede unha manipulación dun artigo asinado por Vicenç Navarro sobre a fraude fiscal, Botín e o New York Times. A versión manipulada do artigo introduce unha lista falsa de defraudadores para así deixar sen argumentos a quen o utilice, como así lle aconteceu a Amaiur no Congreso. O conto é se Yolanda Díaz e demáis de EU non serán vendedores de fume, un remedo de oposición frívola, con argumentos ben fracos e doada de manexar para un raposo como Feijoo. Que se anden espabilados en ANOVA se non queren ser comparsa de mediocres.

4 Rabeado

Pero cual quebracabeças hó? Cual quebracabeças? Feijoo sabe que a poboaçom quere que continue a vender a GZ a cachos, e continúe imponhendo a naçom e a lingua espanhola, que aparte ahí concretamente penso que esa tropa de Yolanda e cia. nom lhe vai facer moita oposiçom.

3 Tendencioso

Mimá, como se vos ve de que pé coxeades en Galicia Confidencial...

1 Sra. de Fernández

Xa se lles notou o sesgo na campaña. E vamos, esta rapaza coas súas formas apijadas, porque cabeza precisamente non lle vexo, pódea papar Feijoo con patacas. Non diría o mesmo de Beiras que é un tío listo e cunha formación que poucos políticos galegos teñen. Desde logo a Sra. Proccesións polo que lle lin non a ten nin de lonxe. Axita con insultos e etiquetas, pero penso que eso mesmo evidencia unha cabeza oca, que ten que apelar á parte animal das persoas e non a racional por evidente incapacidade para poder acudir a esta facultade.