Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

12 Comunista galego

O grupo de Yolandita ven de desculparse nunha declaración da Voz de que esta sra. o primeiro que fixo ao chegar ao goberno de Ferrol, fora en plea crise aumentarse o soldo. Desculpase decindo que foi unha imposición do anterior alcalde. IMPOSICIÓN??? canda tal suba non se podería aprobar sen os seus votos!!! Esta é a esquerda parásita española postfranquista. Responsable dende os pactos da Moncloa de que vivamos nun dos estados da UE onde mais desamparados están os obreiros e mais fendas sociais existen.

1 Duarte

Canto cobraba Montse Prado no Consello de Administración da CRTVG?

11 Tocho

Nom esqueça que eu votei opossiçom pensamento COCO.

10 Francisco Alcorcón

¡Viva España!, Muchas gracias José Manuel.

1 Francisco Alcorcón

Estuvimos años sin tener presencia en el parlamento gallego por motivo del BNG y ahora poco a poco los gallegos se dan cuenta de lo insolidario de los nacionalismos y que lo que hace falta es solidaridad. Viva España y viva la 3ª República.

2 Francisco Alcorcón

Estuvimos años sin tener presencia en el parlamento gallego por motivo del BNG y ahora poco a poco los gallegos se dan cuenta de lo insolidario de los nacionalismos y que lo que hace falta es solidaridad. Viva España y viva la 3ª República.

3 De España nin bó vento...

A esquerda sistémica española non tiñades representación no parlamento español, iso é certo. Dadelles as grazas as quintacolumnistas movidos só polo oportunismo.

9 xanuco

"E así foi, queridos netiños, como por unha carambola, unha ocurrencia dos palleiros & co. o nacionalismo galego se fixo o harakiri a mans do comunismo da meseta... Despois viñeron laios, as chamadas á unidade, e outros intentos estériles de unir as pezas da vaixela escachada, pero xa era tarde. Nunca tan poucos lle fixeron tanto dano a toda unha ideoloxía." Porque sexamos honrados, son votante nacionalista galego de esquerdas dende hai 20 anos, pero nunca militei en nada, prefería calquera outra opción a isto: aceitaría mellor unha coalición Anova+CxG, ou unha plataforma eleitoral BNG+Anova+CxG, pero non isto que nos ofreceron. Non son moitas máis de 12 as persoas responsables desta desfeita, e hainas das tres siglas que arriba nomeo.

1 Costadamorte

100%... Ben falado!...

2 mk__

Mira, eu milito no nacionalismo desde o século pasado, o que da a miña opinión o mesmo valor que o de quen acaba de chegar. E votei a Anova, ou sexa a AGE, e se dentro de 4 anos (ou 2 nas municipais), se o discurso (e praxe) nacional desaparece e o social nn me convence, pois non os votarei, así de simple. E se AGE (ou inclusive EU), fan unha política boísima na que se vexa representada as que se chamaron "clases populares", e os que se din nacionalistas, non. De quen será a culpa. De gustos, eu tamen gosto que o Celta gañe a Liga Portuguesa. ;)

8 Spidercan

Ala, xa comezan a retroalimentarse! Outros 4 anos máis, logo outros 4, logo outros 4 e así eternamente. Facendo espectáculos de seguido.