Nace unha web colaborativa para evitar contaxios en superficies comerciais

Un estudante de FP ideou esta web para ofrecer a localización dos supermercados na Coruña e dar a coñecer a ausencia de produtos nestes locais. En breve tamén incluirá o comercio local.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/03/2020 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

O principal obxectivo desta web é minimizar os desprazamentos innecesarios a supermercados ou tendas doutra índole que carecen do produto que precisamos. Así poden evitarse posibles  contaxios persoais, a terceiras persoas ou empregados dos establecementos.

Supermercado
Supermercado

O deseño foi realizado por Álvaro Lozano González, estudante de FP, en concreto de Desenvolvemento de Aplicacións. Os motivos que levaron á creación desta páxina están nas noticias sobre provisión de alimentos e o desabastecemento de supermercados. A web permitirá buscar nun listado de superficies comerciais e coñecer o estado do stock das  mesmas.

Esta é a primeira versión do modelo da web que lle fai ver á persoa usuarioa que comercios ten perto da súa casa. Tras isto, o cliente pode clickar en calquera deles para visualizar unha lista onde se mostrarán os produtos dos que carece o establecemento. Ademais, da mesma maneira, o cliente tamén pode coñecer os supermercados cos produtos que busca, crear unha lista de elementos e onde están, para informar aos demais usuarios.

Para entrar na web hai que ir ao sitio https://supermercados. herokuapp. com e autorizando a localización pódese comezar a ver os establecementos do teu ao redor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta