Sufocado un incendio nunha vivenda nas Pontes, sen feridos

O lume foi causado supostamente por un deshumidificador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Os Bombeiros do Eume sufocaron na madrugada deste martes un incendio nunha vivenda no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez causado supostamente por un deshumidificador.

Segundo informou o 112 Galicia, o incendio orixinado nun aparello provocou que o lume se propagase ao inmobiliario da casa, pero non houbo persoas feridas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa sobre as 4,15 horas deste martes, quen informou dun lume na Avenida de Galicia, á altura do número 74.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), o lume concentrábase na sala da vivenda e todos os ocupantes atopábanse fóra no momento do incidente.

Con estes datos, ademais dos bombeiros, por parte do 112 Galicia foron informados os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de extinción confirmaron que ardera un deshumidificador e que o fume afectara a parte das escaleiras comúns do edificio.

Deste xeito, os servizos de emerxencias procederon a sufocar as llamdas e ventilar o inmoble.

O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA
O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta