Comeza a repartición de material de seguridade entre concellos das provincidas da Coruña e Ourense

Desde a Delegación da Xunta na Coruña organizouse a actuación do Servizo de Defensa contra Incendios "para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/03/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

As delegacións territoriais da Xunta na Coruña e Ourense iniciaron este martes a primeira repartición entre os concellos destas provincias de material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais.

Concretamente, no caso da Coruña repartíronse este martes máis de 7.000 máscaras e 40.000 luvas entre 55 municipios coruñeses. Ao longo dos próximos días, completarase a repartición ao resto de concellos, informa a Delegación Territorial da Xunta nesta provincia.

Ademais, desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa contra Incendios "para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde".

Concretamente, nesta provincia levaron a cabo durante esta xornada actuacións en Cabanas, Coirós, Cerceda, Touro, Boimorto, Val do Dubra, A Baña e Fisterra.

No caso de Ourense, iniciouse tamén a repartición de material. Concretamente, neste primeiro envío repartíronse máis de 1.700 máscaras e 12.2550 pares de luvas entre 15 municipios.

Esta repartición de material é unha das funcións asigandas ao Posto de Mando Avanzado, constituído a nivel provincial para coordinar as actuacións e mellorar a corodinación cos concellos na loita contra o coronavirus.

No caso das tarefas de desinfección a cargo do Servizo de Defensa contra Incendios en Ourense, realizáronse este martes actuacións en San Amaro, Maside, Amoeiro, Arnoia, A Peroxa, Vilamarín, Rubiá, A Rúa, Vilardevós, Riós, Vilar de Barrio e Lobeira.

Material de protección para servizos municipais distribuído desde a Delegación da Xunta na Coruña. DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA
Material de protección para servizos municipais distribuído desde a Delegación da Xunta na Coruña. DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta