Unha sala de 'Escape Room' en Santiago crea o modo de xogar desde a casa

Este xogo gratuíto, desevolto pola sala 'The Paradox Room', ten o obxecivo de facer a xente "escapar un pouco de ver tantas noticias na televisión".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Durante estes días de confinamento domiciliario, xorden iniciativas para animar á xente e facer que esté máis entretida. Así, a sala 'The Paradox Room' en Santiago de Compostela acaba de desenvolver un 'Escape Room' ao que se pode xogar desde a casa.

'The Paradox Room' a sala de escape de Santiago de Compostela. // Cedida.
'The Paradox Room' a sala de escape de Santiago de Compostela. // Cedida.

"A iniciativa xurdiu xunto a uns compañeiros de Fuerteventura", sinala Adrián Caeiro, un dos seus creadores. "É unha forma de non deixar morrer o negocio e que a xente saiba que seguimos aí. Ademais, é totalmente gratuíto", explica o dono do establecemento localizado na Área Central compostelana.

En canto a sinopse, está ligada en certa maneira coa crise sanitaria que estamos a vivir. Baséase nun hipotético final do mundo no 2043, onde o material máis demandado é o papel hixiénico, que se usa como moeda. "A xente ten que facerse pasar polos herdeiros dun príncipe africano que deixou moreas de papel de váter, a cal teñen que recuperar", explica Caeiro.

O xogo leva entre 3 e 4 horas completalo. "Así podemos escapar un pouco de ver tantas noticias na televisión. Ademais, tamén hai que intentar buscarlle o humor ás cousa", opina. En canto ao sector do 'Escape Room', asegura que "esperemos que esta crise pase cando antes. Existe o perigo de que pechen moitas salas". 

Se queres probar o xogo, podes facelo a través deste enlace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta