Temas: A CORUñA VIGO

Vigo e A Coruña concentran o 23% da renda galega e o 20% da poboación

Oleiros mantense como o concello galego con maior renda por habitante.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Oleiros (A Coruña) mantense como o concello galego con maior renda dispoñible por habitante, con 22.545 euros, o que se traduce en case 8.000 euros máis que a media galega de 14.643 euros.

Segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos a 2017, os municipios da Coruña (18.445 euros) e Santiago (18.332) ocupan o segundo e terceiro lugar nesta lista. Os dez primeiros postos complétanse con: As Pontes de García Rodríguez (17.174), Ourense (17.126), Bergondo (17.088), Nigrán (16.935), Lugo (16.570), Teo (16.516) e Pontevedra (16.400).

Así mesmo, as sete cidades concentran o 42% da renda de Galicia. En concreto, os residentes nos municipios da Coruña e Vigo concentran o 23% do total da renda e o 19,5% da poboación. No outro extremo, os municipios con menos renda son: Negueira de Muñiz (5.638 euros), Parada de Sil (7.148 euros), Pontedeva (7.620), Dozón (7.901), Oímbra (7.924) e Vilariño de Conso (7.976 euros).

A remuneración de asalariados é a principal fonte de renda no 67% dos municipios galegos. O envellecemento galego obsérvase en que o número de municipios cuxa principal fonte de renda son as prestacións social crece ata 103, cando en 2010 eran 86 concellos nesta situación.

ALZA NA RENDA BRUTA POR FOGARES

No tocante á renda dispoñible bruta, que mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou aforro, foi de 41.025 millóns de euros, un 3,5% máis que o ano anterior.

Entre 2015 e 2017, a renda dispoñible bruta dos fogares creceu a un ritmo menor do que o fixo a economía. En 2018, o crecemento da renda dispoñible de fogares foi lixeiramente superior ao Produto Interior Bruto (PIB).

Xestoría calculando a renda
Xestoría calculando a renda | Fonte: GESTHA

Temas: A CORUñA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta