O novo Prestige solidario que sae ao rescate da Xunta

Empresas, autónomos e particulares trasladaron a súa disposición para fabricar material sanitario en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Unhas 40 empresas trasladaron a súa disposición para fabricar material sanitario en Galicia á Xunta. Material que tamén comezaron a fabricar por todo o país pequenos empresarios, autónomos, e mesmo xente de xeito individual. Un movemento solidario semellante ao que houbo durante o naufraxio do Prestige, cando tamén colapsaronos alircerces das institucións.

Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan nas praias o chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Foi o propio Feijóo quen anunciou esta marea de solidariedade na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "O sector téxtil e da confección empezou a fabricar 12.000 batas médicas e hai seis empresas neste momento a disposición desa fabricación", explicou Feijóo, que informou de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pediu á industria a fabricación de mandilóns sanitarios impermeables e de que tamén hai ofertas de produción doutros materiais como pantallas protectoras.

Con todo, Feijóo insistiu en que o seu Executivo tamén está reaccionando e dixo que autorizou este venres un expediente por 6,7 millóns de euros para pagar as 7.430.000 máscaras cirúrxicas e respiratorias, unhas 625.000 batas de alta protección impermeables e 21.920 botellas de solucións definfectantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta