VÍDEO: Centos de vehículos atrapados nun control á saída da Coruña para evitar que se vulnere o confinamento

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/03/2020 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Centos de condutores víronse atrapados esta mañá na Coruña por varios controis policiais de tráfico nas vías de acceso e, principalmente, de saída da cidade. Segundo fontes policiais, decidiuse instalar este operativo tras observarse un "incremento anómalo de tráfico" na cidade este venres. Ante a posibilidade de que algúns tentasen saltarse o confinamento coa chegada da fin de semana, instaláronse controis en Alfonso Molina, a avenida da Xubias e noutros puntos estratéxicos.

Control policial de tráfico na Coruña para evitar que a xente se salte o confinamento polo estado de alarma
Control policial de tráfico na Coruña para evitar que a xente se salte o confinamento polo estado de alarma | Fonte: Concello da Coruña.

Sobre os mesmos, desde a Delegación do Goberno en Galicia sinalaron que se estaban facendo tamén noutros puntos do páis e que se manterán ata o luns. "Máis controis e máis estritos que a fin de semana pasada", apuntaron.

Todos os corpos e forzas de seguridade da cidade participaron nestes dispositivos "para impedir o éxodo dos veciños e veciñas sen causa xustificada e, por tanto, incumprir as normas decretadas polo estado de alarma".

Os axentes da Policía Local utilizaron pantallas de protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo as instrucións dunha empresa que lle doou ao Concello da Coruña o material certificado necesario para a montaxe destas pantallas.

Nestes momentos, tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penal de Teixeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 caxancran

Si...estes linces e visionarios non se decataron que a xente mora en Oleiros.Arteixo.O Burgo.Carral.Betanzos.etc etc? Non fixeron o mesmo cos voos nin cos madrileños en estampida as ...provincias...