Voluntarios piden axuda para as persoas sen teito: "Temos supermercados na casa!, estaría ben compartir"

Na Rede de Apoio Mutuo de Lugo organízanse para axudar os maiores a facer a compra, ir por medicinas, baixar o lixo..., pero tamén para recoller alimentos ou artigos de primeira necesidade para as persoas sen fogar. Co peche de locais como Cáritas ou o Banco de Alimentos, vólvese máis complicado acceder a recursos, así que este colectivo pide colaboración cidadá a través de doazóns ou achegas económicas. "O necesario é que ese espírito de comunidade exista sempre", din.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 28/03/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia