82 persoas detidas en Galicia por incumprir as normas do estado de alarma

As primeiras sentenzas xa foron ditadas polos xulgados galegos e Losada fixo fincapé en que moitas delas recollen penas de cárcere para os infractores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado xa detiveron a 82 persoas en Galicia por incumprir as normas do estado de alarma, que entrou en vigor o pasado luns 16 de marzo.

Así o trasladou o Delegado do Goberno na Comunidade, Javier Losada, este sábado nun comunicado, no que explicou tamén que estas persoas se enfrontan a multas e penas de cárcere, algunhas xa ditadas e outras que están á espera.

De feito as sete principais cidades galegas suman xa 8.482 propostas de sanción que oscilan entre os 601 e os 30.001 euros e que, no caso de individuos reincidentes, parten de 10.400 euros. En concreto, a Policía Nacional interpuxo 3.663 sancións e levou a cabo 47 detencións; a Garda Civil propuxo 3.466 denuncias e detivo a 7 persoas e a Policía Local rexistra 1.353 casos e 28 detencións.

As primeiras sentenzas xa foron ditadas polos xulgados galegos e Losada fixo fincapé en que moitas delas recollen penas de cárcere para os infractores. Con todo, tamén destacou que a maioría da sociedade galega respecta a normativa e agradeceu á poboación esta actitude, xa que o confinamento é "a única maneira de frear o virus" mentres o persoal sanitario, as forzas de seguridade e os empregados dos servizos esenciais traballan e "xóganse a vida" por todos.

Para evitar "contactos non desexados" e desprazamentos a segundas residencias, este fin de semana volveranse a reforzar os controis de seguridade nas estradas. No que levamos en estado de alarma, xa foron interceptados 1.100 vehículos que infrinxían a normativa.

Control da Policía Nacional en Ourense para evitar saídas durante o estado de alarma.. POLICÍA NACIONAL
Control da Policía Nacional en Ourense para evitar saídas durante o estado de alarma.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Losada ( o home máis inútil do mundo ) agora está encantado cos superpoderes do Estado de Alarma (case mellor estado de confinamento forzado!) Estou convencido que as multas máis tremendas irán aos "disidentes" en cambio cando pillen a algún dos seus (PSOE) serán cousa de puro trámite para que non o pillen nas patacas cando haxa unha investigación sobre todos estes mecanismos de REPRESIÓN POLICIAL ! Aos ananos viulles moi ben este Virus!