O alumnado da USC recibirá axudas da universidade para poder facer fronte ao custe de Internet

A axuda poderá solicitarse a partir deste luns 30 de marzo, contempla os gastos de Internet durante o mes no que se declarou o Estado de Alarma ou ao mes de abril, no que permanecerá esta declaración polo menos durante as primeiras dúas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2020 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) axudará ao seu alumnado a sufragar o custo de Internet durante o tempo que permaneza activo o Estado de Alarma declarado para combater a propagación do coronavirus.

Nun comunicado, a universidade santiaguesa sinala que o alumnado de grao e máster poderá acollerse a un plan de financiamento que a USC pon en marcha para garantir o seu acceso ao contido do Campus Virtual e "demais ferramentas didácticas" para que continúen coa súa formación académica durante as próximas semanas.

A axuda, que poderá solicitarse a partir deste luns 30 de marzo, contempla os gastos de Internet (ata un máximo de 60 gigabytes) durante o mes no que se declarou o Estado de Alarma ou ao mes de abril, no que permanecerá esta declaración polo menos durante as primeiras dúas semanas.

Así, a USC comprométese a financiar o 90% do gasto en Internet da persoa beneficiaria ata un máximo de 40 euros. As solicitudes, restrinxidas a alumnos matriculados no curso 2019/20, deberán formalizarse a través da sede electrónica da USC ata o 15 de abril.

Por outra banda, a universidade santiaguesa tamén acordou suspender o cobro das cotas do servizo universitario de residencias. Tamén queda paralizado o pago da Escola Infantil Breogán e das actividades de extensión universitaria.

Redes sociais, Internet. Arquivo
Redes sociais, Internet. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta